Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas

Agencia Española de Investigación. Ref. CSO2016-76014-R

Son múltiples os compromisos promulgados pola Unión Europea e os seus estados membros arredor á decidida e inexcusable preservación e fomento da diversidade cultural e lingüística de Europa e á posta en valor do Cinema como obxecto de confluencia entre a innovación tecnolóxica, a cultura e a economía.

Neste sentido, a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (CELRM), promulgada o 25 de xuño de 1992 con rango de Convención polo Consello de Europa – e sancionada o 5 de novembro do mesmo ano por once estados membros, entre eles o español –, compromete explicitamente aos seus firmantes (art. 12b) «…a favorecer os diferentes medios de acceso noutras linguas ás obras producidas nas linguas rexionais ou minoritarias, axudando e desenvolvendo as actividades de tradución, de dobraxe, de post-sincronización e de subtitulado».

Así, de entre as accións de preservación do Patrimonio Cultural Inmaterial Europeo (PCIE) emerxen como prioritarias aquelas encamiñadas ao fomento do subtitulado de contidos audiovisuais. Porén, o palmario compromiso formal que emana das Convencións – a escala europea, estatal e autonómica – tradúcese na implementación de paquetes de medidas de carácter aleatorio, fragmentario e continxente que, en xeral, abocan a unha sistémica ausencia de resultados.

O proxecto EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas proponse, pois, desvelar decidida e rigurosamente, as contornas internas e externas da situación – retrospectiva, coetánea e prospectiva – do subitulado no espazo europeo, a fin de plantexar un programa proactivo de medidas a considerar nunha política harmónica de subtitulado con destino á produción cinematográfica e audiovisual en linguas europeas non hexemónicas.

Conscientes da inveterada renuencia institucional e profesional con respecto ao coñecemento xerado no ámbito académico en materia de subtitulado – en favor de indicadores económicos simplificadores da complexidade das denominadas “industrias creativas” –, ambicionamos catalizar un cambio de pensamento propiciando espazos de encontro e reflexión entre os principais axentes implicados: académicos, responsables institucionais e profesionais. Un cambio de perspectiva propiciatorio tanto do acceso e circulación transfronteirizas obras realizadas en linguas non hexemónicas como da valoración mesma do PCIE.

A este fin, xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.

Como boa mostra da expectación xerada a nivel sectorial e institucional da aplicabilidade inmediata dos seus resultados, o proxecto presenta unha considerable nómina de entidades, organizacións e asociacións de carácter nacional e internacional e de corte académico, institucional e profesional, que se adscriben a este proxecto.

 

Entidade financiadora: Agencia Estatal de Investigación; FEDERData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
NOVAS RELACIONADAS
O GEA participa na décima “Small Cinemas Conference”
Desde o proxecto EUVOS expoñerase un panel sobre cinema e linguas non hexemónicas no Estado español
18/06/2019

A décima conferencia anual Small Cinemas transcorrerá na ICS-ULisboa do 25 ao 27 de setembro de 2019. O equipo de investigación do proxecto “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas” (ref.CSO2016-76014-R) presentará o panel “Aprofundar no pequeno: cinema e línguas não hegemônicas na Catalunya, em Euskadi e na […]

Seguir lendo
O GEA participa na XVII International Conference on Minority Languages
A súa intervención desenvólvese no marco do proxecto "EUVOS: Patrimonio Cultural Inmaterial"
21/05/2019

O Grupo de Estudos Audiovisuais participa hoxe na XVII International Conference on Minority Language, organizada polo Mercator European Research Centre on Multilingualism and Language Learning (Fryske Akademy). A ICML XVII terá lugar do 22 ao 24 de maio en Ljouwert/ Leeuwarden, Países Baixos. A edición deste ano abordará os desafíos e oportunidades das linguas minoritarias […]

Seguir lendo
A RAG participa no acordo que impulsará unha rede europea de academias de linguas minorizadas
21/01/2019

A Real Academia Galega, o Institut d’Estudis Catalans, a Real Academia da Lingua Vasca – Euskaltzaindia, a Fryske Akademy, Lo Congrès Permanent de la Lenga Occitana e EURAC – Institute for Applied Linguistics impulsarán unha rede de entidades homólogas, institutos lingüísticos e centros de investigación de linguas minorizadas ou minoritarias no ámbito europeo co propósito […]

Seguir lendo
VER TODAS AS NOVAS DA INVESTIGACIÓN
Xa está dispoñible o programa do XIII Congreso Internacional LUSOCOM
'Comunicación e información para o desenvolvemento' é o tema central desta edición
Estudos Audiovisuais
15/11/2018

A poucos días para o arranque do XIII Congreso  Internacional da Federação de Associações científicas de Ciências da Comunicação (LUSOCOM) en Maputo (Mozambique), o equipo organizador vén de habilitar o programa do evento para a súa consulta online. Para alén da visión xeral dos tres días de traballo, o programa permite visualizar en detalle a […]

As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega
Xornadas do CDG
Estudos Audiovisuais
16/10/2018

O Consello da Cultura Galega organiza estas xornadas que exploran as aplicacións tecnolóxicas relacionadas coa lingua para analizar a presenza do galego na contorna dixital. Nelas participa Pablo Romero Fresco, un dos investigadores do proxecto EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas (AEI, ref. CSO2016-76014-R), á súa vez director […]

Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto
Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela
Estudos Audiovisuais
28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos […]

Integrantes do proxecto EUVOS participan no Congreso “Cine e Crise no Mediterráneo”
Do 22 ao 26 de outubro na Universitat de Valéncia
Estudos Audiovisuais
19/09/2018

O equipo investigador do proxecto de I+D+i “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas” (AEI, ref. CSO2016-76014-R) participa cun panel no Congreso “Cinema e Crise no Mediterráneo” que se celebra na Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació da Universitat de València, do 22 ao 26 de outubro de 2018. O […]

O Grupo de Estudos Audiovisuais presenta o libro «Marcas na paisaxe»
Estudos Audiovisuais
11/06/2018

O martes 12 de xuño ás 20. 00 horas, a libraría NUMAX acolle a presentación do libro Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega, editado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e a Editorial Galaxia baixo a coordinación de Margarita Ledo Andión. Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua […]

PUBLICACIÓNS RELACIONADAS
Fóra de campo
Traumas históricos e persoais no cinema galego
2019 A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galega
Iván Villarmea Álvarez pecha A foresta e as árbores analizando o funcionamento e o significado do fóra de campo en varios filmes galegos deste século, como 1977 (Peque Varela, 2007), Fóra (Pablo Cayuela & Xan Gómez Viñas, 2012), Encallados (Alfonso Zarauza, 2012), Jet Lag (Eloy Domínguez Serén, 2014), Os días…
Filmar a tribo
Filmar a tribo, filmar o íntimo no cinema galego contemporáneo
2019 A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galega
Neste capítulo Marta Pérez Pereiro lévanos a explorar filmes que conforman retratos da tribo, «ben sexa dende o foco da historia persoal ou dende un grande angular que capture a vida de personaxes que poden dalgún xeito representar a unha colectividade maior». Baixo a epígrafe «Ficcións necesarias», termo desenvolvido por…
Filmar as pulsións
Formas e montaxes do desexo. As pulsións e os seus destinos no cine en galego actual
2019 A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galega
A pulsión, «o enigma no que agochamos o monstro en nós», define Margarita Ledo no prefacio de A foresta e as árbores, artella a análise de José Luis Castro de Paz verbo das formas e montaxes cos que o cinema galego máis recente buscou representar «os tristes avatares do desexo».…
Filmar a ollada
2019 A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galega
Fernando Redondo Neira pescuda, pola súa banda, na arela de certos títulos do cine galego contemporáneo por facer patente a mirada coa que constrúen os seus discursos. «Así acontece na simplicidade aparente dos filmes paisaxistas, nos retratos que indagan nos rostros e os corpos (e nos interpelan como espectadores) e…
Filmar o traballo
2019 A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galega
O traballo, «un dos tópicos co que, de modo interesado, se nos magnificou a galegas e galegos», apunta Margarita Ledo no prefacio de A foresta e as árbores, é o tema que aborda a análise de Enrique Castelló Mayo, arredor da cal se reúnen a curtametraxe Matria (Álvaro Gago, 2017)…
Filmar o velado
2019 A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galega
Xosé Nogueira fai un percorrido exhaustivo neste capítulo sobre os filmes que, dende o tránsito da década dos oitenta para os noventa do século pasado até a produción cinematográfica máis recente, buscan revisar, reconstruír e desvelar feitos até entón desaloxados pola «historia oficial» fabricada a partir do tráxico desenlace da…
Filmar o dó
Dó de nós. Filmar a perda
2019 A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galega
Mª Soliña Barreiro González revela neste capítulo o dó colectivo e íntimo pola perda do hábitat e dunha identidade ligada a espazos e formas de vivir que esmorecen. Un itinerario que se detén en catro filmes estreados nos anos 10 do século xxi a través dos que atopamos «os fíos…
Prefacio. A foresta e as árbores
2019 A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galega
So o enunciado A foresta e as árbores, neste novo volume adentrámonos na análise dunha mostra representativa de filmes que, en presente, constrúen, balizan e normalizan un ámbito singular da cultura: producir películas na lingua propia de Galiza. Outra volta a distinción dos capítulos vai cara a aspectos que pasan…
Integrating Film and Audiovisual Translation
2016 Conferencia Plenaria en The Dialogue of Cultures in the Changing Global Information Space International Conference, Saint Petersburg State University
Eye tracking and Audiovisual Translation
2016 Conferencia Plenaria en Congreso Internacional de Actualización en Traducción e Interpretación, Universidad César Vallejo
Accessible Filmmaking
2016 Ponencia Plenaria en Congreso Internacional de Actualización en Traducción e Interpretación, Universidade César Vallejo.
Bringing Translation and Accessibility Closer to Filmmaking
2016 Conferencia Plenaria en 4th Edition of E por falar em Tradução. Institute of Language Studies, State University of Campinas
Encerramento
2016 Conferencia Plenaria en XII Congresso LUSOCOM e III Mediacom. Cibercultura, Regulação Mediática e Cooperação. Universidade de Cabo Verde
Cibercultura, Regulação Mediática e Cooperação
2016 Conferencia Plenaria de Apertura en XII Congresso LUSOCOM e III Mediacom. Cibercultura, Regulação Mediática e Cooperação
Política científica e política de lingua
O Espaço Lusófono como Espaço de Conhecimento
2016 Conferencia Plenaria en XII Congresso LUSOCOM e III Mediacom. Cibercultura, Regulação Mediática e Cooperação. Universidade de Cabo Verde
La situación del idioma gallego en el cine gallego
2016 Ponencia en Colloque International Cultures de Résistance. Peuples & Langues Minorisés. Université Paris 8
Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en lenguas no hegemónicas
2016 Conferencia Plenaria en Colloque International Cultures de Résistance. Peuples & Langues Minorisés. Université Paris 8
Estudios de recepción en TAV
2017 Ponencia en Doble o Nada: VI Congreso de Traducción e Interpretación. Universidade de Alicante
The Social Impact of Audiovisual Translation: Past, Present and Future
2017 Conferencia Plenaria na 8th Annual International Translation Conference. Hamad Bin Khalifa University
Cine, Lenguas No Hegemónicas e Identidad
Subtitulado y Nuevos Territorios para la Diversidad
2017 Ponencia en Congreso Internacional IAMCR 2017. New Discourses and New Territorialities: Cultural and political mutations and communication. UNIMINUTO
Accessible filmmaking: Film For All
2017 Conferencia Plenaria en Access VFX Conference
Policies and collaborative practices for subtitling in Galician
2017 Ponencia en VIII International Conference on Small Cinemas. Diversity in Glocal cinemas: language, culture, identity. Universidade do País Vasco
Euskara sustatzeko politikak Euskal Herriko zinematografia sisteman
2017 Ponencia en VIII International Conference on Small Cinemas. Diversity in Glocal cinemas: language, culture, identity. Universidade do País Vasco
Hizkuntza ez da oztopo ikus-entzunezkoen kontsumoa partekatzeko
2017 Ponencia en VIII International Conference on Small Cinemas. Diversity in Glocal cinemas: language, culture, identity. Universidade do País Vasco
La subtitulación cinematográfica en catalán en VOD: legislación y práctica
2017 Ponencia en VIII International Conference on Small Cinemas. Diversity in Glocal cinemas: language, culture, identity. Universidade do País Vasco
Rethinking diversity: cinema in non-hegemonic languages as a symptom
2017 Keynote Speaker en VIII International Conference on Small Cinemas. Diversity in Glocal cinemas: language, culture, identity. Universidad del País Vasco. Donosti/Bilbo
Subtitling in a kingdom of dubbing
Policies and practices of subtitling in Galician language
2017 Ponencia en Congreso Intermedia 2017 - International conference on audiovisual translation. Adam Mickiewicz University
Widening the Scope of Media Access: Interlingual Live Subtitling and Accessible Filmmaking
2017 Ponencia en Congreso Intermedia 2017 - International conference on audiovisual translation. Adam Mickiewicz University
Basque Language and cinema: policies, production and translation
2017 Ponencia en I Media Accessibility Platform International Conference. Universidade de Vigo
La accesibilidad garante de la integración-inclusión de lenguas minoritarias en medios audiovisuales
2017 Ponencia en I Media Accessibility Platform International Conference. Universidade de Vigo
EU-VOS (Subtitling in non-hegemonic languages)
2017 I Media Accessibility Platform International Conference. Universidade de Vigo
Diáspora en feminino
2017 Ponencia Convidada en IV Encontro Internacional Cinema e Territorio. Universidade da Madeira
Collaboration between filmmakers and translators
2017 Conferencia Plenaria en Simposio sobre trasvases culturales: Accesibilidad y traducción en entornos multilingües. Universidade do País Vasco
Dobraxe e subtitulado ás dúas beiras da Raia
A dobre versión da serie Vidago Palace na TVG e a RTP
2017 Conferencia en I Congreso Internacional AGACOM. Alén das Fronteiras: redes na diversidade. Universidade de Santiago de Compostela
Literacía Digital, Cidadanía e Democracia
2017 Conferencia Convidada en III Congresso Internacional sobre Culturas. Interfaces da Lusofonía. Universidade do Minho
The Accessible Filmmaker. Translation, dubbing and accessibility: a new professional field
2018 Ponencia en "Accessibility to the Audiovisual Product International Conference". Universidade de Turín
Accessible Filmmaking: Producións cinematográficas accesibles
2018 Conferencia Plenaria no Congreso e Festival de Cine Inclusivo de Vigo
A desaparición do galego nas axudas ao audiovisual 2000-2015
2018 Ponencia en Galician Interdisciplinary Studies. University of Edimburgh
Subtitles available in Sami (?)
The absence of cultural policy for minority languages
2018 Ponencia Convidada en Foro Internacional ‘As linguas e o cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado’. Universidade de Santiago de Compostela
Ensuring Language Diversity. Through Subtitling the Audiovisual In Small Nations: An Approach to Scottish Gaelic
2018 Ponencia Convidada en Foro Internacional ‘As linguas e o cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado’. Universidade de Santiago de Compostela
Políticas para a subtitulación e prácticas de creación e distribución de subtítulos en lingua galega
2018 Ponencia Convidada en Foro Internacional ‘As linguas e o cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado’. Universidade de Santiago de Compostela
Traducción y subtitulado en la cinematografía y el audiovisual en Euskadi
2018 Ponencia Convidada en Foro Internacional ‘As linguas e o cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado’. Universidade de Santiago de Compostela
Film and subtitling in Catalonia
Policies, Practices and Strategies (2015-2017)
2018 Ponencia Convidada en Foro Internacional ‘As linguas e o cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado’. Universidade de Santiago de Compostela
Language(s), subtitling and cultural diversity in Europe
2018 Ponencia Convidada en Foro Internacional ‘As linguas e o cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado’. Universidade de Santiago de Compostela
Políticas para a subtitulación e prácticas de creación e distribución de subtítulos en lingua galega
2018 Ponencia en VI Congreso Internacional AE-IC. Comunicación & Conocimiento. Universidade de Salamanca
Programación, promoción y circulación a través de los festivales de cine
Análisis del uso de subtítulos en lenguas no hegemónicas
2018 Ponencia en VI Congreso Internacional AE-IC. Comunicación & Conocimiento. Universidade de Salamanca
La participación ciudadana en la gestión de su Patrimonio Cultural Inmaterial
Reflexiones y actuaciones en torno al subtitulado audiovisual
2018 Ponencia en VI Congreso Internacional AE-IC. Comunicación & Conocimiento. Universidade de Salamanca
De los Medios a las Mediaciones
2018 Invitada Panel en VI Congreso Internacional AE-IC. Comunicación & Conocimiento. Universidade de Salamanca
Ensuring language diversity through subtitling the audiovisual in small nations
An approach to Scottish Gaelic
2018 ICCPR 2018, 10th International Conference on Cultural Policy Research. Universidade de Tallín.
De la cultura lingüística a la política lingüística. Reflexiones desde el Finis terrae
2018 lnternationale Fachtagung ‘Methoden zur Erforschung der Kultur der regionalen Mehrsprachigkeit’. Christian-Albrechts-Universität zu Kiel
A foresta e as árbores
Para unha historia do cinema en lingua galega (2)
«So o enunciado A foresta e as árbores, neste novo volume adentrámonos na análise dunha mostra representativa de filmes que, en presente, contrúen, balizan e normalizan un ámbito singular da cultura: producir películas na lingua propia de Galiza […] Sobordando tópicos, este é un libro no que as árbores deixan…
Llega FilminCAT: el portal de vídeo bajo demanda de cine y series en catalán
2017 COMeIN
Coincidindo coa celebración do décimo aniversario de Filmin, o venres 2 de xuño chegou FilminCAT, a primeira plataforma de vídeo baixo demanda de cine e series integramente en catalán accesible desde España e Andorra.
Lingua e sociedade en Galicia
Resumo de resultados 1992-2016
2018
O artigo ofrece unha ampla revisión da situación social da lingua galega, comezando cunha breve historia do seu contacto co castelán e centrada especialmente nos cambios sociolingüísticos das últimas décadas, despois da súa oficialización como “lingua propia” da Comunidade Autónoma de Galicia. O traballo presenta e analiza datos estatísticos sobre…
Accessing communication: The quality of live subtitles in the UK
2016 Language & Communication
Este artigo presenta os resultados da primeira avaliación oficial sobre a calidade dos subtítulos de TV en vivo no Reino Unido como modo de acceso á comunicación audiovisual para espectadores xordos e con problemas de audición. Realizado en colaboración co regulador gubernamental británico Ofcom, trátase da análise máis grande elaborada…
Cine accesible: Uniendo los puntos entre la traducción audiovisual y la realización cinematográfica
2016 Prosopopeya. Revista de Crítica Contemporánea, Traducción, ideología y poder en la ficción audiovisual. Frederic Chaume Varela e Maberl Richart Marset (eds.)
Malia o auxe da investigación en traducción audiovisual (TAV) e a accesibilidade aos medios de comunicación, as súas principais modalidades de tradución (dobraxe, subtitulación interlingüística, subtitulación para xordos e audiodescrición) son aínda un elemento engadido ao proceso de produción cinematográfica, o cal dá lugar a unha preocupante falta de inversión…
La transmisión intergeneracional del gallego. Comparación con el catalán
2017 Treballs de sociolingüística catalana
O retroceso do galego que reflicten as últimas enquisas demolingüísticas é cada vez máis acelerado. Este artigo céntrase na análise da transmisión lingüística interxeracional do galego utilizando o índice de transmisión interxeracional do catalán (ITIC) deseñado por Torres (2009), utilizado habitualmente nas análises de transmisión lingüística do catalán e adaptado…
Norma e autoridade lingüística no galego e no portugués brasileiro
2017 Labor histórico
Este artigo propón unha análise comparada do modo de construción da norma e sobre os conflitos propios da constitución da autoridade normativa no galego e no portugués brasileiro. A xustificación para ese tipo de estudo comparado recae no feito de se trataren de “linguas emerxentes”, nun modelo de análise relativista,…
The Use of Respeaking for the Transcription of Non-Fictional
Genres: An Exploratory Study
2017 Intralinea
A transcrición non é só unha ferramenta útil para a tradución audiovisual, senón tamén unha tarefa que incrementa o seu uso por tradutores en diferentes escenarios. Este artigo presenta os resultados dun experimento no que se comparan tres métocos de transcrición: manual, refalado e revisión dunha transcrición xerada por recoñecemento…
Accessible Filmmaking in Documentaries
2017 Intralinea, Special Issue: Building Bridges between Film Studies and Translation Studies
Consonte cos actuais intentos por construír pontes entre filmes e tradución, o presente artigo aplica a noción de cinema accesible (a integración da tradución audiovisual e a accesibilidade como parte do proceso fílmico) á teoría e a práctica do documental. A primeira parte do artigo ofrece un breve resumo histórico…
Respeaking: subtitling through speech recognition
2018 The Routledge Handbook of Audiovisual Translation Studies. Luis Pérez-González (ed.)
En termos xerais, o refalado pode definirse como a produción de subtítulos por medios de recoñecemento do discurso. Unha definición máis rigorosa presentaríao como ‘unha técnica na cal o refalador escoita o son orixinal dun programa ou evento en vivo e o re-ala, incluíndo marcas de puntuación e algunhas características…
Eye-tracking, Subtitling and Accessible Filmmaking
2018 Seeing into Screens: Eye Tracking and the Moving Image. Tessa Dwyer, Claire Perkins, Sean Redmond y Jodi Sita (eds.)
«Filmes e tradución non sempre estiveron divorciados o un do outro. Unha vez viviron felices xuntos cando a tradución dos intertítulos se realizaba como parte do porceso de post-produción dos filmes silentes, e aínda máis felizmente nos anos 30 coas así chamadas versións multilingües (Vincendeau 1999), cando os filmes eran…
Linguas, globalización e interculturalidade. Unha reflexión desde o galego
2016
A globalización neoliberal tende a reducir o valor das linguas á súa dimensión económica, reducíndoas a mercadorías (comodificación). A vella noción de comunidade lingüística-cultural sofre a competencia da nova noción de mercado lingüístico. Por outra banda, a globalización tamén erosiona o estatus das linguas oficiais dos estados nacións, favorecendo a…
Reception studies in live and pre-recorded subtitles for the deaf and hard of hearing
2018 Reception Studies and Audiovisual Translation. Elena Di Giovanni y Yves Gambier (eds.)
Este capítulo pretende ofrecer un resumo da investigación da recepción no eido do subtitulado para xordos e persoas con problemas de audición (SDH). Dado que o desenvolvemento da investigación sobre a recepción nesta área esta intimamente relacionado co desenvolvemento do SDH como práctica profesional e campo académico de estudo, adóptase…
Cinema nacional-popular: de “Fendetestas” até “A Esmorga”
2018 Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega. Margarita Ledo Andión (coord.)
Un debate arredor da lingua
2018 Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega. Margarita Ledo Andión (coord.)
Identidades buscadas e construídas: imaxes da emigración galega no cinema
2018 Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega. Margarita Ledo Andión (coord.)
O amador no cinema militante
2018 Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega
Filmar a Terra. A paisaxe como cuestión de clase
2018 Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega. Margarita Ledo Andión (coord.)
O Cine en Galiza, un relato descontinuo
2018 Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega. Margarita Ledo Andión (coord.)
Proemio. Marcas na paisaxe
2018 Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega
Public Policies, Diversity and National Cinemas in the Spanish context: Catalonia, Basque Country and Galicia
A Convención de Diversidade da Unesco 2005 supuxo un punto de inflexión no que respecta á protección e á promoción das expresións de diversidade cultural. No actual contexto global, desenvolver políticas e medias culturais para alimentar dita creatividade convértese nunha cuestión chave. Ademais, no caso das comunidades pequenas en situación…
Quality assessment in interlingual live subtitling: The NTR model
2017 Linguistica Antverpiensia, New Series: Themes in Translation Studies
Este artigo presenta un modelo para avaliar a calidade do subtitulado interlingüístico en directo, levado a cabo por un tipo de refalado e recoñecemento automático do discurso e outros medios. A primeira parte revisa os requerimentos e fórmulas para a avaliación da calidade no subtitulado intralingüístico en directo e presenta…
In support of a wide notion of media accessibility: Access to content and access to creation
2018 The Journal of Audiovisual Translation
A consideración estreita que prevalece sobre a accesibilidade mediática (MA), afectando só a persoas con discapacidades sensoriais, formula unha serie de cuestións espistemolóxicas e terminolóxicas, e limita o potencial da MA para instigar o cambio social. Este artígo promove unha visión máis ampla da MA que abarca ás persoas con…
Prologue. National Identities at the Crossroads. Literature, Stage and Visual Media in the Iberian Peninsula
2018 National Identities at the Crossroads. Literature, Stage and Visual Media in the Iberian Peninsula. Payá X. & Sáez, L. (Eds.)
Margarita Ledo asina o prólogo deste libro que recolle unha selección de artigos desenvolvidos a partir das presentacións máis inspiradoras do XV Foro de Estudos Ibéricos. Os conceptos de Nación e Identidade analízanse desde puntos de vista literarios, teatrais e fílmicos.
Dubbing, subtitling and other lesser evils.
The two versions of the series Vidago Palace
A Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa Lusofonía, popularmente coñecida como Lei Paz Andrade, contemplaba entre os seus obxectivos que a Televisión de Galicia promoverá intercambios de producións audiovisuais e colaborase na creación de novos proxectos. Un dos escasos froitos que…
Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega
Para unha historia do cinema en lingua galega
2018 Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega.
«Ao abeiro de dúas efemérides, os cincuenta anos do 1968 como animador do cinema militante e a declaración de 2018 como ‘Ano europeo do Patrimonio Cultural, Material, Inmaterial e Dixital’, quixemos retomar os vieiros do cinema con capítulos que nos traian outra volta o cine de emigración, presente en cada…
As pasaxes múltiples: apuntamentos sobre as relacións de investigación da Galiza co espazo Iberoamericano
2017 Cenários Comunicacionais: Entre as Sociedades Industriais e as Emergentes.
A intersección entre os dous ámbitos que esta obra colectiva denomina “Mundo Iberoamericano”, o ámbito lusófono máis o hispanófono, foi un dos albos que orientou o desenvolvemento de liñas significativas e programas de investigación no marco da Universidade de Santiago de Compostela, USC, en colaboración estreita coa Asociación Galega de…
Acciones (in)diferentes, tensiones latentes
A propósito de feminismo y “Novo Cinema Galego”
2016 IC Revista Científica de Información y Comunicación
Existen lazos invisibles entre un acontecemento que se dá a ver co apelativo Novo Cinema Galego (NCG) e determinadas prácticas que singularizan o cinema que identificamos como feminista? Baixo este interrogante iniciamos unha reflexión para, de confirmarse esa analogía, poñérmonos a pensar por que esta “filiación” non se verbaliza por…
El rol del cine en versión original en el espacio digital Europeo
Fronte á contrastada relevancia do acceso a contidos en v.o. como complemento indispensable da cohesión cultural europea e da consecución do ideal de diversidade lingüística, a Unión Europea continúa implementando paquetes de medidas de carácter aleatorio, fragmentario e continxente que, en xeral, abocan a unha sistémica ausencia de resultados. Consecuentemente,…
ACTIVIDADES
Presentación “A foresta e as árbores” 10 Jul Na libraría cartabón de Vigo
Cinemas Pequenos, Espazos Pequenos 25 Sep Organizado polo Instituto das Ciencias Sociais da ULisboa
VIII Conferencia Internacional sobre Cinemas Pequenos 20 Sep Diversity in Glocal cinemas: language, culture, identity
VER TODAS AS ACTIVIDADES DA INVESTIGACIÓN
XVII International Conference on Minority Languages 22 May Organizada por Mercator European Research Centre on Multilingualism and Language Learning
XIII Congreso Internacional LUSOCOM 28 Nov Comunicación e información para o desenvolvemento
Foro Internacional 21 Oct No marco do proxecto ‘EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’ (AEI, ref…
© 2019 Estudos Audiovisuais