Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Presentación “A foresta e as árbores”

Na libraría Cartabón de Vigo

O Grupo de Estudos Audiovisuais presenta en Vigo a súa máis recente publicación, A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galega (2). O acto terá lugar o mércores 10 de xullo ás 20:30h na Libraría Cartabón e contará coa presenza de Franciso Castro, director de Galaxia, así como deMarta Pérez Pereiro e Xosé Nogueira, participantes no libro e docentes das Facultades de Ciencias da Comunicación e de Xeografía e Historia na USC.

O volume continúa o estudo iniciado en Marcas na Paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega (I), vencellados ambos ao proxecto de I+D+i “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas”. Editado baixo a coordinación de Margarita Ledo Andión, catedrática en Comunicación Audiovisual, o libro constrúe, desde a ollada das oito investigadoras que participan nel, un itinerario temático co que adentrármonos no cinema galego máis actual.

«Outra volta a distinción dos capítulos vai cara a aspectos que pasan polo corpo, polos sentidos, polas marxes, e ten a ver coas propostas que os e as cineastas desenvolveron nas súas obras, obras de ficción por veces, documentais ou en pasaxe entre un e outro territorio as máis. Filmar o dó, filmar o velado, filmar o traballo, filmar a ollada, filmar a pantasma, filmar a tribo, filmar as pulsións canda o fóra de campo son as estacións que amplían esta viaxe que quereriamos longa e frutífera».

«Prefacio». Margarita Ledo Andión

De tal xeito, a mostra de filmes analizados, reflexo da diversidade na cinematografía galega das últimas décadas, avanza desde o dó por un mundo que esmorece ao velado —aquilo do que non se fala— na nosa historia; desde o desexo e as súas derivas á necesidade de filmar o íntimo e a nós mesmas. Trátase, pois, dunha obra fundamental para entendérmonos o propio cinema, permitíndonos ver a foresta que se agocha entre a fértil e plural frondosidade das árbores.

Título do curso: Presentación do libro "A foresta e as árbores"Descrición: Na libraría cartabón de VigoDatas: 10/07/2019 - 10/07/2019Lugar: Libraría Cartabón | 20.30h
10/07/2019Libraría Cartabón | 20.30h
Descargas
Mediateca
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais