Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Accessing communication: The quality of live subtitles in the UK

Este artigo presenta os resultados da primeira avaliación oficial sobre a calidade dos subtítulos de TV en vivo no Reino Unido como modo de acceso á comunicación audiovisual para espectadores xordos e con problemas de audición. Realizado en colaboración co regulador gubernamental británico Ofcom, trátase da análise máis grande elaborada sobre a calidade do subtitulado en vivo, cubrindo 300 programas e 78,000 subtítulos. Os resultados ofrecen datos sobre a cuestión chave da adecuación, suxestións para actualizar as pautas existentes sobre subtitulado en vivo a nivel internacional para forneceren acceso completo á comunicación audiovisual a espectadores con perda auditiva.

Autor/a: Pablo Romero Fresco Ano: 2016Titulo: Accessing communication: The quality of live subtitles in the UK Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Language & CommunicationNúmero: 49Páxina inicial: 56Páxina final: 69ISSN: 0271-5309URL: https://doi.org/10.1016/j.langcom.2016.06.001
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais