Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

The Use of Respeaking for the Transcription of Non-Fictional

Genres: An Exploratory Study

A transcrición non é só unha ferramenta útil para a tradución audiovisual, senón tamén unha tarefa que incrementa o seu uso por tradutores en diferentes escenarios. Este artigo presenta os resultados dun experimento no que se comparan tres métocos de transcrición: manual, refalado e revisión dunha transcrición xerada por recoñecemento do discurso. O énfase ponse no refalado, que se agarda sexa un método útil para acelerar o proceso de transcrición e teña un impacto positivo na experiencia do transcritor. Obtéñense tanto medidas obxectivas como subxectivas: dunha banda, o tempo empregado en cada tarefa e a calidade do resultado baseada na métrica NER; da outra, a opinión dos participantes antes e despois da tarefa, concretamente o esforzo percibido, aburrimento, confianza na idoneidade da transcrición e calidade xeral.

Autor/a: Pablo Romero Fresco , Anna Matamala, L. Daniluk Ano: 2017Titulo: The Use of Respeaking for the Transcription of Non-Fictional Categoría: Artigo científico Título revista/libro: IntralineaNúmero: 21Páxina inicial: 68Páxina final: 92URL: http://www.intralinea.org/current/article/the_use_of_respeaking_for_the_transcription_of_non_fictional_genres
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais