
Foro Internacional
'As Linguas e o Cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado'
Son múltiples os compromisos promulgados pola Unión Europea e os seus estados membros arredor da decidida e inescusable preservación e fomento da diversidade cultural e lingüística de Europa e da posta en valor do cinema como obxecto de confluencia entre a innovación tecnolóxica, a cultura e a economía.
Entre as accións de preservación do Patrimonio Cultural Inmaterial Europeo (PCIE) emerxen como prioritarias aquelas encamiñadas ao fomento do subtitulado de contidos audiovisuais. Porén, o palmario compromiso formal que emana das convencións e programas das escalas europea, estatal e autonómica tradúcese na implementación de paquetes de medidas de carácter aleatorio, fragmentario e continxente que, en xeral, abocan a unha sistemática ausencia de resultados.
No marco do proxecto ‘EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’ (AEI, ref. CSO2016-76014-R) o presente foro reúne a investigadoras e investigadores do cinema e a tradución audiovisual na contorna europea co obxectivo de formular indicadores cara unha política harmónica de subtitulado da produción cinematográfica e audiovisual en linguas europeas non hexemónicas.

21/10/2018Facultade de Ciencias da Comunicación - Universidade de Santiago de Compostela
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
