Equipo
Estudos Audiovisuais: Contidos, formatos e tecnoloxía Grupo de Referencia Competitiva do SUG
Pablo Romero Fresco
Persoal colaborador externo

Contratado Ramón y Cajal na Universidade de Vigo, profesor de Translation and Filmmaking na University of Roehampton e profesor convidado en cursos de posgrado da Universitat Autònoma de Barcelona e a Universidade de Vigo. É autor do volume Subtitling through Speech Recognition: Respeaking (2011), colaborador externo de Ofcom, a axencia estatal británica que avalía a calidade dos subtítulos en vivo no Reino Unido. Colabora con Stagetext e a National Gallery no Reino Unido, Ai-Media en Australia, Swiss TXT en Suíza e a North-West University of South Africa para a implementación do subtitulado accesible en televisión, eventos en vivo, museos, galerías e contornas educativas. Foi membro do primeiro grupo de traballo sobre a accesibilidade aos medios audiovisuais nas Nacións Unidas (ITU). Como membro do grupo de investigación CAIAC, coordinou a parte de subtitulaxe do proxecto europeo DTV4ALL. A súa investigación actual céntrase na unión entre produción audiovisual, tradución e accesibilidade (accessible filmmaking).

DESTACADOS
PUBLICACIÓNS
Reception studies in live and pre-recorded subtitles for the deaf and hard of hearing
2018
Reception Studies and Audiovisual Translation. Elena Di Giovanni y Yves Gambier (eds.)
Este capítulo pretende ofrecer un resumo da investigación da recepción no eido do subtitulado para xordos e persoas con problemas de audición (SDH). Dado que o desenvolvemento da investigación sobre a recepción nesta área esta intimamente relacionado co desenvolvemento do SDH como práctica profesional e campo académico de estudo, adóptase…
Accessing communication: The quality of live subtitles in the UK
2016
Language & Communication
Este artigo presenta os resultados da primeira avaliación oficial sobre a calidade dos subtítulos de TV en vivo no Reino Unido como modo de acceso á comunicación audiovisual para espectadores xordos e con problemas de audición. Realizado en colaboración co regulador gubernamental británico Ofcom, trátase da análise máis grande elaborada…
Accessible Filmmaking
2016
Ponencia Plenaria en Congreso Internacional de Actualización en Traducción e Interpretación, Universidade César Vallejo.
© 2024 Estudos Audiovisuais