Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

La transmisión intergeneracional del gallego. Comparación con el catalán

O retroceso do galego que reflicten as últimas enquisas demolingüísticas é cada vez máis acelerado. Este artigo céntrase na análise da transmisión lingüística interxeracional do galego utilizando o índice de transmisión interxeracional do catalán (ITIC) deseñado por Torres (2009), utilizado habitualmente nas análises de transmisión lingüística do catalán e adaptado ao obxecto do presente estudo. A finalidade deste é analizar a evolución da reprodución lingüística do galego durante as dúas últimas décadas, tomando en conta as variables sociodemográficas idade, nivel educativo e, especialmente, tipo de hábitat. Por último, compáranse os índices de transmisión do catalán e do galego, tomándoos como indicadores da vitalidade de cada unha das dúas linguas.

Autor/a: Xaquín Loredo e Henrique Monteagudo Ano: 2017Titulo: La transmisión intergeneracional del gallego. Comparación con el catalán Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Treballs de sociolingüística catalanaNúmero: 27Páxina inicial: 99Páxina final: 116ISSN: 2013-9136
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2023 Estudos Audiovisuais