
Fóra de campo
Traumas históricos e persoais no cinema galego
Iván Villarmea Álvarez pecha A foresta e as árbores analizando o funcionamento e o significado do fóra de campo en varios filmes galegos deste século, como 1977 (Peque Varela, 2007), Fóra (Pablo Cayuela & Xan Gómez Viñas, 2012), Encallados (Alfonso Zarauza, 2012), Jet Lag (Eloy Domínguez Serén, 2014), Os días afogados (Luís Avilés & César Souto, 2015), Esquece Monelos (Ángeles Huerta, 2016), Trinta lumes (Diana Toucedo, 2018) ou Trote (Xacio Baño, 2018), entre outros.
«Nestes traballos, o fóra de campo vén sendo, ante todo, un recurso de posta en escena que axuda a definir o espazo do relato, complementando as imaxes e ampliando o seu alcance, mais tamén é unha figura retórica que remite a acontecementos traumáticos do pasado histórico e da memoria persoal que non se poden ou non se queren representar, ás veces por non existir rexistros visuais directos destes acontecementos, mais sobre todo por non saber aínda como procesalos, quer nas imaxes, quer na memoria».
Alén estas variábeis, a inclinación cara ao non dito e o non visto en moitas das propostas cinematográficas que abrollaron nos últimos doce anos na Galiza reflicte, segundo o autor, «as limitacións materiais coas que aínda se traballa no país, mais tamén expresa un claro desexo de ampliar o campo do visíbel en todas as direccións, para poder abranguer todos aqueles espazos e tempos que, polas súas características, non collen dentro do cadro». Unha lectura que «encaixa coa vocación cosmopolita do Novo Cinema Galego, que aspira a suturar a ruptura entre a terra e o mundo dándolles ás historias locais unha dimensión global».

Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
