Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Filmar as pulsións

Formas e montaxes do desexo. As pulsións e os seus destinos no cine en galego actual

A pulsión, «o enigma no que agochamos o monstro en nós», define Margarita Ledo no prefacio de A foresta e as árbores, artella a análise de José Luis Castro de Paz verbo das formas e montaxes cos que o cinema galego máis recente buscou representar «os tristes avatares do desexo». Partindo da teoría psicanalítica e desenvolvendo un estudo detallado de tres películas totalmente diversas e incluso opostas entre si «pero sen dúbida, dalgún xeito e como veremos, conectadas», Castro de Paz debulla os personaxes, as relacións, os tempos e os recursos simbólicos e narrativos cos que o cine galego aborda a perda do obxecto de desexo —O ouro do tempo (Xabier Bermúdez, 2013)—, a violencia latente e a tensión que crea o silencio nas illadas comunidades do rural —Trote (Xacio Baño, 2018)— ou os perversos circuítos da pulsión escópica e as súas tecnolóxicas derivas na sociedade contemporánea —Dhogs (Andrés Goteira, 2017)—.

«Realizados por homes e gravados en formatos dixitais, a muller vaise atopar sempre no núcleo pulsional dos filmes ora como obxecto de amor perdido (a falecida Amalia en O ouro do tempo, tamén nai secundariamente; a nai morta en accidente de Trote, esposa tamén en textual segundo termo), ora como obxecto dunha prefabricada escopofilia masculina que pode optar por sometela, golpeala, violala, matala (ou liberala) «virtualmente» (Dhogs), pero tamén como eixe central dun decidido discurso visual verbo da dor e da anguria pulsionais ás que esta se ve sometida polas imposicións dunha colectividade rural galega anquilosada e ancestralmente machista (Trote), ou incluso no seu papel de positiva aldrabada catalizadora para unha íntima, lúcida e derradeira aceptación masculina dos límites corporais e temporais do desexo (Corona [Nerea Barros] en O ouro do tempo)».

Autor/a: José Luis Castro de Paz Ano: 2019Titulo: Filmar as pulsións Categoría: Capítulo de libro Título revista/libro: A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galegaVolume: 2Páxina inicial: 139Páxina final: 175Cidade: VigoPaís: Galicia (España)Editorial: GalaxiaISBN: 978-84-9151-335-3
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais