Equipo
Estudos Audiovisuais: Contidos, formatos e tecnoloxía Grupo de Referencia Competitiva do SUG
Margarita Ledo Andión
Persoal investigador
margarita.ledo@usc.es
+34 881 816 539

Margarita Ledo Andión é Catedrática emérita de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Santiago de Compostela.

CV no portal da investigación USC

As súas principais liñas de traballo abranguen as políticas de comunicación e cultura, a diversidade e espazos xeo-lingüísticos de comunicación, as teorías feministas nos universos de creación e a expresión, o pensamento cinematográfico, e os usos e discursos da fotografía.

Exerceu como investigadora principal de diversos proxectos de investigación competitiva, entre eles: “EU- VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas” (AEI. CSO2016-76014- R), “Cara ao Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal” ( MINECO- CSO2012-35784); “Cine, Diversidad y Redes” (MINECO- CSO2009-13702); “Lusofonía: interactividade e  interculturalidade” (Xunta de Galicia:INCITE08 PXIB212124 PR).

Entre as súas publicacións máis destacables, atópase a edición da serie Para unha historia do cinema en lingua galega, que inclúe os volumes De illas e sereas (2020, Vigo: Galaxia), A foresta e as árbores (2019; Vigo: Galaxia) e Marcas na Paisaxe (2018, Vigo: Galaxia); o ensaio El cuerpo y la cámara (2019; Madrid: Cátedra);  ou os artigos  “Diáspora en feminino e cinema” (2018) para Cinema & Território, Revista Internacional de Arte e Antropologia das Imagens, “Acciones (in)diferentes, tensiones latentes” (2016) publicado en IC: Revista Científica de Información y Comunicación; “Cinema europeo en linguas de nacións sen estado e pequenas nacións” (2016), en coautoría con A. López e M. Pérez para a Revista Latina de Comunicación Social; “La Diversidad Cultural a través de la Red: el caso del cine identitario” (2013) con E. Castelló para Comunicar, Revista Científica Iberoamericana de Comunicación e Educación; e “Identification of barriers and motivations in the circulation of audiovisual media contents in the Lusophone space: communication, interculturality, citizenship, and interactivity”(2012) en coautoría con E. Castelló para Communication and Society. No campo da imaxe, sobresaen “Ver y querer ver: foto de guerra contra periodismo” (2014) en Chasqui. Revista Latinoamericana de Comunicación, “Cinema Documental. Cibercultura, tecnologías de proximidad” (2015) en Telos; “El cuerpo, esa insoportable lengua comunal” no volume El tratamiento informativo de la violencia contra las mujeres  (2015), coordinado por I. Postigo e A. J. Alonso; ou “Vestigio y Extrañeza: sobre la obra de Bernardo Tejeda” no libro Imagen, cuerpo y sexualidad (2014), editado por F. Zurian.

No campo da imaxe fotográfica e cinematográfica, cómpre salientar o capítulo  “A intimidade da imaxe” en Anna Turbau. Galicia 19756-1979 (2017, Santiago de Compostela: CCG), para alén dos libros Cine de fotógrafos (2005, Barcelona:, Gustavo Gili, Premio “Fundació Espais d’Art Comtemporani”); Del Cine Ojo a Dogma 95 (2004, Barcelona: Paidós); Documentalismo fotográfico (1998, Madrid: Cátedra); Documentalismo fotográfico comtemporáneo (1995, Vigo: Xerais) ou Foto-Xoc e Xornalismo de Crise (1988, Sada: Edicións Do Castro, premio Grupo Foto-Libro del Año Documental).

Con 4 sexenios de investigación e un índice h-10 e ih-12, participou en calidade de Experta nas comisións da FCT,  Fundação para a Ciência e a Tecnoloxía e da Agência para a Acreditação e a Avaliação do Ensino Superior, A3ES (Portugal).

A súa actividade como como docente na USC amplíase coa impartición de cursos de mestrado e doutoramento en centros como a Université París 8, a City University of New York, a Universidad de Buenos Aires, a Universidade Lusófona de Lisboa, o Instituto Politécnico de Porto, a Universitat Pompeu Fabra, a Universitat Autónoma de Barcelona, a Universidad Carlos 3 de Madrid, ou a Euskal Herriko Unibertsitatea; e formou parte do Centre Européen des Études et des Recherches sur les Practiques Politiques (Marc Abélès, Coord.).

Presidiu a Federação Lusófona de Ciências da Comunicação (LUSOCOM), foi vicepresidenta primeira da Asociación Española de Investigación en Comunicación (AE- IC ), é vicepresidenta da Asociación Iberoamericana de Comunicación (ASSIBERCOM) e presidenta de honra da Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras da Comunicación (AGACOM). Pertence ao consello editorial de revistas como Telos, Chasqui, Discursos fotográficos, Infoamérica, L’ Atalante, Quaderns do CAC, Revista Latinoamericana de Comunicación, Trípodos, Uztaro, Comuniació ou AdComunica.

Numeraria da Real Academia Galega, escritora e cineasta, recibiu, entre outros, o Premio Nacional da Cultura Galega en Cinema e Audiovisual (2008) e o Premio Otero Pedrayo (2018).

DESTACADOS
Proxectos
FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Son múltiples os compromisos promulgados pola Unión Europea e os seus estados membros arredor á decidida e inexcusable preservación e fomento da diversidade cultural e lingüística de Europa e á posta en valor do Cinema como obxecto de confluencia entre a innovación tecnolóxica, a cultura e a economía. Neste sentido,…
Proxectos
Dende a perspectiva das industrias culturais e creativas, o cinema destácase como un dos territorios máis representativos para a innovación e a aplicación de tecnoloxías dixitais, tanto a nivel de producción como de difusión das obras. Porén, ao ter que enfrontar un entorno audiovisual moi competitivo a nivel mundial, o…
Proxectos
O proxecto “Cine, diversidade e redes” ten como finalidade coñecer e analizar a recepción de produtos cinematográficos galegos, a partir de determinadas variábeis tecnolóxicas que afectan aos novos modos de circulación da produción cinematográfica e audiovisual, naqueles países onde existen comunidades emigrantes que se significan pola súa condición de cidadáns…
CONTRATOS
Patrimonio cultural inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas.
RETOS 2016
30/12/2016
Agencia Estatal de Investigación
Sociedade da información e investigación en comunicación
01/01/2008
Consellería de Innovación e Industria-Xunta de Galicia
Investigar a comunicación
01/01/2007
Secretaría Xeral de Comunicación-Presidencia, Xunda de Galicia
Observatorio do Audiovisual, Catálogo de Produción 2001-2002
31/12/2001
Compañía de Radiotelevisión de Galicia, S.L.
PUBLICACIÓNS
Respuesta de la doctora Margarita Ledo Andión
Homenajes del VII Congreso Internacional de la AE-IC
2021
Homenajes del VII Congreso Internacional de la AE-IC
En Momentos estelares da humanidade, Stefan Zweig elabora catorce miniaturas entre as cais A disputa do Polo Sur. Capitán Scott, 90 graos de latitude, 16 de xaneiro de 1912. Incorporabámonos naquela expedición cara a Antártida, pensada para ser a primeira na historia. Perto, moi perto de acadar o seu obxectivo,…
Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO 1
2020
Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO
Presentamos o primeiro Caderno de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO, resultado das tres primeiras sesións do seminario, para ampliar o debate sobre os temas e motivos que nos levaran á realización destes encontros. Situámonos no pensamento crítico, na súa aplicación aos lugares que habitamos, ás propostas que construímos, ás obras onde…
A foresta e as árbores
Para unha historia do cinema en lingua galega (2)
«So o enunciado A foresta e as árbores, neste novo volume adentrámonos na análise dunha mostra representativa de filmes que, en presente, contrúen, balizan e normalizan un ámbito singular da cultura: producir películas na lingua propia de Galiza […] Sobordando tópicos, este é un libro no que as árbores deixan…
Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega
Para unha historia do cinema en lingua galega
2018
Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega.
«Ao abeiro de dúas efemérides, os cincuenta anos do 1968 como animador do cinema militante e a declaración de 2018 como ‘Ano europeo do Patrimonio Cultural, Material, Inmaterial e Dixital’, quixemos retomar os vieiros do cinema con capítulos que nos traian outra volta o cine de emigración, presente en cada…
Alma Pneumática/Alma neumática/Pneumatic Soul
2018
Juliao Sarmento WITHOUT
Language(s), subtitling and cultural diversity in Europe
2018
Ponencia Convidada en Foro Internacional ‘As linguas e o cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado’. Universidade de Santiago de Compostela
El rol del cine en versión original en el espacio digital Europeo
Fronte á contrastada relevancia do acceso a contidos en v.o. como complemento indispensable da cohesión cultural europea e da consecución do ideal de diversidade lingüística, a Unión Europea continúa implementando paquetes de medidas de carácter aleatorio, fragmentario e continxente que, en xeral, abocan a unha sistémica ausencia de resultados. Consecuentemente,…
As pasaxes múltiples: apuntamentos sobre as relacións de investigación da Galiza co espazo Iberoamericano
2017
Cenários Comunicacionais: Entre as Sociedades Industriais e as Emergentes.
A intersección entre os dous ámbitos que esta obra colectiva denomina “Mundo Iberoamericano”, o ámbito lusófono máis o hispanófono, foi un dos albos que orientou o desenvolvemento de liñas significativas e programas de investigación no marco da Universidade de Santiago de Compostela, USC, en colaboración estreita coa Asociación Galega de…
A Intimidade da Imaxe
2017
Anna Turbau. Galicia 1975-1979. Natalia Poncela (coord.)
Comunicación, Cultura, Internacionalización. Á volta do compromiso intelectual
2017
A Internacionalização das Comunidades Lusófonas e Ibero-americana de Ciências Sociais e Humanas. Lemos Martins (ed.)
La realitat resideix entre els plecs…
2017
Una trilogía de la conducta. B. Tejeda (ed.)
Ver e querer ver. Foto de guerra contra Jornalismo
2017
Comunicação, Guerra e Paz. I. Coutinho e A. Pereira (org.)
Diáspora en feminino
2017
Ponencia Convidada en IV Encontro Internacional Cinema e Territorio. Universidade da Madeira
Acciones (in)diferentes, tensiones latentes
A propósito de feminismo y “Novo Cinema Galego”
2016
IC Revista Científica de Información y Comunicación
Existen lazos invisibles entre un acontecemento que se dá a ver co apelativo Novo Cinema Galego (NCG) e determinadas prácticas que singularizan o cinema que identificamos como feminista? Baixo este interrogante iniciamos unha reflexión para, de confirmarse esa analogía, poñérmonos a pensar por que esta “filiación” non se verbaliza por…
Resistencia e dereito á renacenza
2016
Boletín da Real Academia Galega
É Monforte. É o comedor dunha casa racionalista con semi-galería cara á rúa. Rematei o primeiro curso na Escola de Xornalismo en Barcelona. Teño dezanove anos e veño coñecer a Manuel María e a Saleta. Hai poucos meses escribín unha carta dirixida a eles, a miña primeira carta nunha lingua,…
Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo.
2016
Faros y Torres Vigía. El cine español durante la segunda república. Pérez Perucha, Julio / Rubio Alcover, Agustín (Eds.)
Galicia y la construcción de un cine nacional
2016
Faros y Torres Vigía. El cine español durante la segunda república. Pérez Perucha, Julio / Rubio Alcover, Agustín (Eds.)
Renaiming Itself. Nuevas definiciones en el cine contemporáneo
2015
Fonseca Journal of Communication
A idea de renomear o cinema desde determinadas prácticas, toma de posición e aspectos pouco regrados, cando non invisibilizados, foi tomando corpo na conxunción do uso das tecnoloxías como un recurso para as políticas da diversidade e dun crecente compromiso crítico, tamén desde a Academia, por incorporar novas notacións: cinema…
Limiar. Comunicación, Cultura e Esferas de Poder
2015
Comunicación, Cultura e Esferas de Poder
Creative Destruction as Economic Pattern of Europe’s Small-Scale Audiovisual Media Markets and Minority -Language Film Industries
A crise xeneralizada do modelo económico contemporáneo veu a agravar outra crise latente no ámbito mediático desde hai décadas: unha crise estrutural que demanda modelos verdadeiramente interactivos, capaces de usufructuar o enorme potencial (informativo, formativo, persuasivo e de entretemento) das redes dixitais de comunicación, implementando nos seus formatos novos valores…
Cine Diversidad y Redes.Pequeñas cinematografías, políticas de la diversidad y nuevos modos de consumo cultural
Este libro foi redactado no marco da investigación ‘Cine, Diversidad e Redes’ desenvolvida polo Grupo de Estudos Audiovisuais (G.I. 1786) da Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración do Instituto Universitario Nacional da Arte de Arxentina, a Universidade Nacional de Quilmes, o Instituto Escola Nacional de Belas Artes da Universidade…
Propuestas para pensar la diversidad desde el cine nación
2013
Cine, Diversidad y Redes. Pequeñas cinematografías, Políticas de la Diversidad y Nuevos Modos de Consumo Cultural | Margarita Ledo Andión (coord.)
La diversidad cultural a través de la Red: el caso del cine identitario
2013
Comunicar, Revista Científica Iberoamericana de Comunicación y Educación
A investigación «Cinema, Diversidade e Redes» pretende illar os principais estímulos ou reticencias no consumo de produtos xerados por pequenas cinematografías, analizando o caso concreto da circulación a través das redes dixitais interactivas de contidos cinematográficos producidos en Galicia. Trátase dunha investigación multicéntrica na que participan universidades radicadas en Arxentina,…
Cine, Diversidad y Redes. Pequeñas cinematografías, Políticas de la Diversidad y Nuevos Modos de Consumo Cultural, Buenos Aires
No interior do frame/Inside the frame
2013
Imagens do Real Imaginado 10 anos
Comunicación na diáspora e diásporas na comunicación
Anuário Internacional de Comunicaçao Lusófona 2013
2013
Comunicación na diáspora e diásporas na comunicación. Anuário Internacional de Comunicaçao Lusófona 2013. Margarita Ledo Andión, Xosé López García; María Salgueiro Santiso (eds.)
Unha efeméride singular ábrelle a porta a esta nova edición do Anuário: o recoñecemento institucional do galego como única lingua propia de Galiza, que foi condición para a Lei de Normalización Lingüística de 1983 e que, nun volume que se artella a redor da diáspora, vén a conto para sermos…
O dereito a ver: Cine, Diversidade e Redes
2012
Comunicación, Políticas y Redes en Europa. Valentín Alejandro Martínez e Xosé Rúas Araújo (Coord.)
Pieza de aprendizaje: roots & routes
2012
Telos, Revista de pensamiento sobre Comunicación, Tecnología y Sociedad
Galicia en V.O El cine militante y el lugar de Llorenç Soler en la construcción del cine gallego contemporáneo
2012
La mirada comprometida de Llorenç Soler. | Miguel Francés (ed.)
Indicios de desaparición e tres fotografías dende onde o mundo se chama Galicia
Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo
Ledo Andión, M; Ledo Cordeiro, R. & Cayuela, P. (2011)- Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo. Santiago de Compostela: USC, Grupo de Estudos Audiovisuais.  Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo Serie de 3 estudos sobre ‘Galicia’ (Carlos Velo, 1936), co gallo da aparición, en…
Fotografías desde donde el mundo se llama Galicia
2010
Revista Latina de Comunicación Social
Se o noso obxectivo de base é reconstruír a historia do fotoperiodismo en Galicia desde a foto como parte do discurso xornalístico, iso obríganos a constatar algunhas reservas que inutilizan un relato lineal ao non poder equiparar, e menos tratándose dunha institución social como a prensa, o período que conduce…
De la no ficción
2010
L'Atalante. Revista de Estudios Cinematográficos
Máis aló de determinados estilemas narrativos da non ficción na ficción, o que se expón –a través de autores tan diferentes (por xénero, época e cultura cinematográfica) como Winterbotton ou Marguerite Duras– é a relación da experiencia persoal coa maneira de dar corpo, mediante unha obra, a esa intensidade que…
Algunhas notas sobre a investigación como realizativo
2008
Anuário internacional da comunicaçao lusófona 2007
Michael Brault: momentos de conquista
2008
Cine directo. Reflexiones en torno a un concepto. Maria Luisa Ortega e Noemí García (eds.)
O malestar da comunicación: sobre a pertinencia de pensar a investigación en comunicación como realizativo
2007
Mercado e Comunicaçao na Sociedade Digital, Marques de Melo & Osvaldo J. de Morais (eds.)
A propósito del aprendizaje: documental y ética
2007
El lenguaje de las pantallas: del cine al ordenador
Cine inscripción. Cine descripción
2007
DOCS, observaciones de lo real, Tercer Cine
Terra do Xicle. Carlos Velo, México, 1952
2007
Trípodos
Ante la aparición de Tierra del chicle, Carlos Velo, México, 1952
2007
Trípodos
Un produtor, Barbachano Ponce; un ideólogo e animador cultural, Fernando Gamboa; un cineasta republicano exiliado, Carlos Velo, forman parte dunha xeración que transformou o xeito de pensar o documental ao tempo que o poñían en práctica en certos traballos que compoñen o corpo fílmico do Novo Cinema Azteca (NCA). Mediante…
A experiencia dunha proposta audiovisual on line
2007
Maremagnum, publicación galega sobre os transtornos do espectro autista
En 2009 a Universidade de Santiago de Compostela pon en marcha a Plataforma para a Experimentación e Innovación en Contidos Dixitales (CIDUS): unha experiencia pioneira de colaboración transdisciplinar entre 81 investigadores de referencia no eido dos contidos dixitais, cun perfil tanto tecnolóxico como sociocomunicativo, procedentes de campos tan dispares como…
A ollada documental en Cursos de verán 2002. Realidade e ficción: a imaxe na arte e nos medios de comunicación
2005, LU-134-2005
Cursos de verano 2002
O ensino no documental, o documental no ensino. Encontro internacional de investigadores
2005
O ensino no documental, o documental no ensino. Encontro Internacional de investigadores
Vanguardia y pensamiento documental como arte aplicada
2005
Documental y Vanguardia | Casimiro Torreiro e Josetxo Cerdán (eds.)
El doble bucle de la foto
2004 (versión en catalán e en inglés)
Experimentación en la colección fotográfica do IVAM
Os “Estados Xerais” da Cinematografía e do Audiovisual en Galiza
2004
Os “Estados Xerais” da Cinematografía e do Audiovisual en Galiza, Santiago de Compostela
Fotografía do monumento, fotografía do movemento
2004
Eduardo Blanco Amor. A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973
¿Herencia de la Fotografía?: Si
2004
Documental, carcoma de la ficción, I y II.
Del Cine-Ojo a Dogma 95
2004
Del Cine-Ojo a Dogma 95
O documental, ese cine á maneira fotográfica que durante tanto tempo foi considerado un produto menor, reaparece agora non só como cine de autor, senón como un dos produtos máis apropiados para a nova reflexión contemporánea en torno á industria cultural e a súa excepcionalidade. A idea, a cámara, a…
Os estados xerais da cinematografía e do audiovisual
2003
Anuário Internacional de Comunicaçao Lusófona, LUSOCOM, Federaçao Lusófona de Ciencias da Comunicaçao, Ano I
Spanish Documentary Photo: A Kind of Paradox
2002 (versión en inglés e finlandés)
Backlight 02, Antti Haapio e Harri Laakso (Editores)
Galicia-Finlandia. Modos de Pensar, Santiago de Compostela
2002
Galicia-Finlandia. Modos de Pensar
Observatorio do Audiovisual Galego: Informe e catálogo 1999-2000
2002
Observatorio do Audiovisual Galego: Informe e catálogo 1999-2000
Baixo o signo do plural
2002
Galicia-Finlandia: Modos de pensar
Un mundo diverso è possibile
2002
A Comunicación en Galicia 2002, Xosé López (Editor)
La mirada documental
2002
Temes de Disseny
Existe un modo de produción de imaxes que arrastra consigo a inevitabilidade do espectador, a relación entre autor, personaxes e representación, cara a un fóra de campo no que unha cariátide mantén coa súa man diáfana o paso do tempo e a construción, continxente, do tempo por parte do espectador.…
De identidade y contenidos: vectores políticos en la investigación
2001
Valores y Medios de Comunicación, Benavides Delgado e Fernández Blanco (Comp.)
Multiculturalismo e Globalización: unha relación paradoxal
2001
Comunicaçao e Multiculturalismo – Krohling Peruzzo, Cicilia Maria e Pinho, José Benedito (Comp.)
Ver vs. Escrever
2001
A Utopia do Real
Tecnologia e Solidao
2001
Resistência
Como una película. Sobre “Asaltar los Cielos”
2001
Imagen, memoria e fascinación. Notas sobre el documental en España
Production télévisée et identité culturelle en Bretagne, Galice et Paes de Galles, Rennes
2000
Production télévisée et identité culturelle en Bretagne, Galice et Paes de Galles, Rennes
Galicia: Televisión pública e mercado audiovisual
2000
Televisión e Desarrollo. Francisco Vacas (coord.)
O audiovisual
2000
A Comunicación en Galicia 2000, Xosé López, (Comp.)
O fascinio do segredo, a ironía da súa visión
2000
Rituais (Vítor Vaqueiro, fotos)
La imagen velada o la inquietante extrañeza
2000
Las Convergencias de la Comunicación. Problemas e perspectivas investigadoras
Triple Nacionalidade
1999
Comunicación Audiovisual: Investigación e Formación universitarias, Ledo Andión, M. e Krohling Kunsch. M. (Comp.)
Comunicación Audiovisual: Investigación e Formación Universitarias
1999
Comunicación Audiovisual: Investigación e Formación Universitarias
Galicia telépolis: redes e interculturalidade
1999
Galicia, España, Portugal e as factorías do futuro
Isto non é unha foto
1999
As fronteiras do novo xornalismo
O galego visíbel
1999
Actas do V Congreso Internacional de Estudios Galegos, Dieter Kremer (ed.)
Baixo o signo do real
1999
Cinguidos por unha arela común. Homaxe ao Prof. Alonso Montero (Tomo I), Alvarez, R e Vilavedra, D, (Comp.)
Postelevisivo, postelevisión
1999
Comunicación Audiovisual na Era Dixital, López, X. e Soengas, X. (Comp.)
Tv and Interculturalism: Brittany, Galicia and Walles/Tv e Interculturalidade. Bretaña, Galicia, Gales, Santiago de Compostela
Tv and interculturalism in Brittany, Galicia and Wales
1998
Anuario Unesco/Umesp de Comunicaçao regional 1998, Ano II
Las formas de consumo de la televisión como generadoras de identidad
1998
El debate de la comunicación
A propósito de la visibilidad
1998
Forum Mundial de la Televisión Infantil 1997/World Forum on Chlindren’s Television
Le photomontage politique: Fakture, Frakture et Agit-Prop
1997
Ethique, Esthétique, Politique
Muntadas: Comme simulation et comme ressemblance
1997
Ethique, Esthétique, Politique
Foto-xoc e Xornalismo de Crise
1988
Foto-xoc e Xornalismo de Crise
© 2024 Estudos Audiovisuais