
A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acolle o xoves 12 e venres 13 de decembro o simposio internacional ‘As linguas e o cinema II. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’. Un encontro aberto á comunidade universitaria e a profesionais do sector no que investigadoras e investigadores do cinema e da tradución audiovisual na contorna europea achegarán diferentes perspectivas sobre a relación das pequenas cinematografías co subtitulado e a súa relevancia na preservación da diversidade lingüística como parte do Patrimonio Cultural Inmaterial Europeo.
‘As linguas e o cinema II’ encádrase nas actividades de difusión do proxecto ‘EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’ (AEI-FEDER, ref. CSO2016-76014-R), liderado polo Grupo de Estudos Audiovisuais da USC. A asistencia é libre até completar a capacidade das salas.
O primeiro día, o simposio servirá para coñecer os resultados de estudos particulares sobre a versión orixinal subtitulada en linguas non hexemónicas no ámbito estatal, concretamente en galego, éuscaro e catalán. Marta Pérez Pereiro e Fernando Redondo Neira (USC) serán as persoas encargadas de expor o caso da lingua galega; as investigadoras da UPV-EHU Marijo Deogracias Horrillo e Beatriz Zabalondo Loidi falarán da situación no País Vasco e o caso catalán será presentado por Judith Clarés Gavilán, da Universitat Oberta de Catalunya e a investigadora da USC María Soliña Barreiro González.
O contexto internacional virá da man de Jacques Guyot (Université Paris 8, Francia), que abordará a situación da pluralidade lingüística nas diferentes manifestacións culturais a nivel mundial, e de Philippe Meers (Universiteit Antwerpen, Bélxica) que convidará aos asistentes a reflexionar sobre as culturas cinematográficas minorizadas na era dixital.
Unha política harmónica para o subtitulado
Na mañá do venres 13 de decembro, os investigadores principais do proxecto ‘EU-VOS’, Margarita Ledo Andión e Enrique Castelló Mayo (USC), presentarán os últimos resultados desta pescuda encamiñada a elaborar unha batería de indicadores e propostas para desenvolver unha política harmónica de subtitulado en linguas non hexemónicas a nivel europeo. Ademais, para esclarecer o que se está a facer desde o ámbito institucional nesta cuestión, a profesora da USC Antía López Gómez realizará unha panorámica sobre aquelas políticas públicas que afectan ao subtitulado das obras audiovisuais nos diferentes países da UE.
O simposio rematará coa conferencia de Henrique Monteagudo Romero (USC) sobre o fomento do plurilingüismo a través da competencia receptiva no audiovisual e o estudo de Pablo Romero Fresco (UVigo) sobre as tendencias e prácticas de subtitulación nas plataformas de vídeo baixo demanda.

O terceiro volume da serie Para unha historia do cinema en lingua galega, editado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e a Editorial Galaxia, está a ter unha moi boa acollida. Os datos da Libraría NUMAX, un dos espazos de referencia en Galicia para a literatura sobre cinema, sitúan neste momento De illas e sereas entre […]
A monografía Modos de ver e ser vistas. As mulleres que coñezo no cinema galego propón unha serie de suxestións para as propostas de artigos como a análise de obras e traxectorias cinematográficas de autoras galegas, a autoría feminina como diferenza, os arquetipos femininos do cinema galego, a representación das mulleres ao fondo do cadro […]
A Deputación de Pontevedra celebra o próximo 10.decembro a xornada “FORA DE PLANO: AS MULLERES NO AUDIOVISUAL”. Presentación do Informe Cima 2019, mesa de debate e presentación da primeira edición dos Premios #MulleresNoFoco 2021. Acompáñanos dende a rede! Inscripción gratuíta. As persoas inscritas poderán acceder a 5 curtametraxes online (do 10 ao 13 de decembro, […]
Entidade financiadora: Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la SociedadData de inicio: 01/01/2017Data de fin: 31/12/2019Importe: 67.155 €I.P.: Margarita Ledo Andión, Enrique Castelló MayoEntidades participantes: FUNDACIO PER A LA UNIVERSITAT OBERTA DE CATALUNYA; FUNDACIO TECNOCAMPUS; Universidad del País Vasco; Universidade de Vigo
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling

Entidade financiadora: ‘EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’ (AEI, ref. CSO2016-76014-R)Data de inicio: 21/10/2018Data de fin: 22/10/2018Investigadores participantes: Margarita Ledo Andión José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Marta Pérez Pereiro Fernando Redondo Neira María Soliña Barreiro Andrés Fraga Pérez Silvia Roca Baamonde Brais Romero Web del congreso: https://estudosaudiovisuais.org/es/actividade/foro-interhttps://estudosaudiovisuais.org/actividade/foro-internacional-as-linguas-e-o-cinema-indicadores-para-un-programa-europeo-de-subtitulado/nacional-las-lenguas-y-el-cine-indicadores-para-un-programa-europeo-de-subtitulado/
Entidade financiadora: Agencia Estatal de InvestigaciónData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 29/12/2019Importe: 67.155,00€Investigadores participantes: Margarita Ledo Andión