XVII International Conference on Minority Languages
Organizada polo Mercator European Research Centre on Multilingualism and Language Learning
O Grupo de Estudos Audiovisuais participou na XVII International Conference on Minority Language, organizada polo Mercator European Research Centre on Multilingualism and Language Learning (Fryske Akademy). A ICML XVII tivo lugar do 22 ao 24 de maio en Ljouwert/ Leeuwarden, Países Baixos. A edición deste ano abordou os desafíos e oportunidades das linguas minoritarias nas sociedades globalizadas.
Linguas Minoritarias nunha Sociedade Globalizada
Desde a organización da ICML advirten que a globalización afectou e afecta ao mundo de inúmeras formas, cambiando as maneiras de facermos negocios, comunicármonos cos demais e aprender idiomas. Isto afecta ás linguas minoritarias, nun contexto que as enfronta a crecentes retos para sobrevivir ou manter a súa posición en sociedades dinámicas crecentemente globalizadas.
Unhas poucas linguas dominantes inflúen nas máis pequenas en diferentes aspectos: usos, número de falantes, educación e aprendizaxe lingüística, políticas e desenvolvemento das tecnoloxías da lingua. Algunhas mesmo se atopan en risco de extinción, podendo chegar, de acordo coas advertencias do Endangered Language Project, a desaparecen o 40% das linguas do mundo por mor da globalización.
O programa da ICML pretende reunir abordaxes multidisciplinares en torno a esta problemática, organizadas en 4 conferencias plenarias, 10 coloquios, 91 presentacións de artigos e 17 presentacións de pósters. As integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais Marta Pérez Pereiro e Fernando Redondo Neira participaron no coloquio “Globalisation and disruption: Society, media and cultural diversity” o 22 de maio.
Diversidade Lingüística e Acceso ao Cinema
A intervención de Redondo Neira e Pérez Pereiro situase no bloque destinado a “Language diversity and Film Access”, xunto a Marijo Deogracias (Universidade do País Vasco) e Mª Soliña Barreiro (ESUPT-Universitat Pompeu Fabra), tamén colaboradora do grupo, quen fará de moderadora. A participación do GEA ten lugar ao abeiro do proxecto “EUVOS: Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas”.
Baixo o título “Public policies as guarantors of cultural diversity in the digital market” tratarase a diversidade cultural como un dos campo de batalla na contenda entre as forzas dialécticas da uniformización contra a continua creación de novas identidades no mundo globalizado. O audiovisual pode considerarse coma unha das verificacións máis elocuentes deste confrontamento: mentres os traballos en inglés abastecen amplamente as fiestras de distribución, as producións en linguas de diferentes comunidades, como os textos multilingüísticos e políglotas, medraron nas últimas décadas. Analizarase como, malia a diversidade lingüística ser amplamente recoñecida no marco europeo, é dalgún xeito negada en termos de medidas políticas específicas.
Marta Pérez Pereiro actúa tamén como moderadora na mesa presidida por Miren Manias-Muñoz “The visibility of minority-language cinema in European stateless nations: Film translation practices in Galicia, Catalonia and the Basque Country”. Mª Soliña Barreiro presenta xunto a Judith Clares (Universitat Oberta de Catalunya) e Beatriz Zabalondo (University of the Basque Country) este panel.
Como sinala o resumo, mentres os traballos cinematográficos actúan como operadores das comunidades imaxinadas (Anderson, 1983), a tradución audiovisual proporciona a oportunidade de promover e exhibir pequenas cinematografías no mercado global, visibilizándoas. O subtitulado devén deste xeito nunha oportunidade para as linguas minoritarias seren escoitadas no mundo, pois esta forma de tradución respecta a versión orixinal. A súa investigación monitoriza as diferentes políticas dedicadas á promoción e a distribución de cinema e analiza os resultados das prácticas reais en pequenas industrias cinematográficas de nacións sen estado europeas; centrándose especificamente nos casos de Cataluña, Galiza e o País Vasco.
22/05/2019Ljouwert/Leeuwarden (Países Baixos)
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling