Reception studies in live and pre-recorded subtitles for the deaf and hard of hearing
Este capítulo pretende ofrecer un resumo da investigación da recepción no eido do subtitulado para xordos e persoas con problemas de audición (SDH). Dado que o desenvolvemento da investigación sobre a recepción nesta área esta intimamente relacionado co desenvolvemento do SDH como práctica profesional e campo académico de estudo, adóptase aquí unha aproximación histórica. Comézase desde as orixes do SDH pre-gravado e en vivo nos EUA e en Europa e continúase cos primeiros, a miúdo pasados por alto, experimentos baseados en clases e enquisas de usuarios a grande escala que sostiveron a introdución dos subítulos en TV nos 70 e nos 80. O foco ponse daquela cara aos parámetros máis específicos estudados nos 90, seguidos dos primeiros estudos de tracking ocular e o desenvolvemento do SDH como campo de estudo en Europa nos 2000 e, finalmente, a internacionalización e especialización do recente re(tornar) experimental sufrido polos estudos da recepción no SDH. O capítulo conclúe cunha sección sobre a escasa investigación da recepción feita até hoxe na área do SDH en vivo e con algúns pensamentos finais arredor dos trazos, desafíos e requerimentos da investigación experimental neste eido.
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
