Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo, Xaime Fandiño e Brais Romero participan nas “Mesas interxeracionais do audiovisual galego” en Curtocircuíto

Do 4 ao 5 de outubro en Santiago de Compostela

28/09/2018

Tres integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais tomarán parte nas Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector’, un conxunto de relatorios e debates que este ano ofrece o XV Festival Internacional de Cine- Curtocircuíto para atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos de traballar e de facer.

A actividade, que conta coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual (AGA), a Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia (CREA), a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), desenvolverase entre os próximos 4 e 5 de outubro no Edificio Abanca da Praza de Cervantes.

Nun sector audiovisual cada vez máis diverso, hoxe en día podemos atopar xeracións ben diferenciadas que representan distintos momentos políticos e estéticos do noso audiovisual: desde os anos 80 até 2018. Nesta edición, Curtocircuíto xuntará por primeira vez ás catro xeracións en activo do sector audiovisual galego para poder comprender mellor a natureza, heteroxeneidade e potencial do sector ubicándoos en catro grandes grupos: “Dende a videocreación ata a produción industrial dos 2000” (nados arredor dos anos 60), “A Xeración EIS e outras fornadas de renovación” (nados arredor dos anos 70), “Novo Cinema Galego e outras francotiradoras” (nados arredor do 1980) e “Fillas da crise: novos modelos contra a austeridade” (nados arredor dos anos 90).

Deste xeito, o crítico de cine Brais Romero, a docente Beli Martínez, o director Jorge Coira e o guionista e produtor Antón Reixa porán sobre a mesa o que consideran os seus éxitos e fracasos e os dos seus coetáneos en‘A túa xeración: acertos e erros’. A análise dos paradigmas establecidos previamente será o punto de partida para Que herdas?’, debate que protagonizarán a directora de fotografía Lucía C. Pan, a actriz e directora Sonia Méndez, o eléctrico e iluminador David Melero, e o actor Antonio Durán “Morris”. En Como produces?Silvia Fuentes, Felipe Lage, Pancho Casal e Alfonso Blanco analizarán a creación cinematográfica a través da súa labor como produtores; e os cineastas Adrián Canoura e Oliver Laxe, a directora e montadora Sandra Sánchez, e a docente e investigadora Margarita Ledo protagonizarán o relatorio ‘A creación en clave xeracional’. Para rematar, os cineastas Anxos Fazáns e Xacio Baño e as produtoras Mamen Quintas e Dolores Ben serán os responsables de pechar estas xornadas en Xuntos ou revoltos? Retos de futuro’.

Os debates, que contarán coa moderación da actriz Nieves Rodríguez, a xornalista María Yáñez, o guionista Pepe Coira e os docentes Manolo González e Xaime Fandiño, serán de acceso gratuíto ata completar a capacidade do Auditorio do Edificio ABANCA de Santiago de Compostela. Para asistir é necesario cursar a inscrición previamente a través desta ligazón.

O Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, que organiza o Concello de Santiago, subvenciona a Deputación da Coruña e conta coa colaboración da AGADIC, continuará a virar dende a curtametraxe cara contidos interdisciplinarios, afondando na fusión entre diferentes artes. Máis aló do cinema, Curtocircuíto realizará un completo programa dando continuidade a ‘Arredor do son’, no que tamén haberá espazo para a música e o pensamento con proxeccións, actividades formativas e diversas performances que terán lugar en diferentes emprazamentos da cidade.

Podes consultar a programación completa da actividade na web do festival .

[Imaxe e texto: Curtocircuíto]

MÁIS NOVAS
Mª Soliña Barreiro participa no “Ciclo sobre a fotografía e a construción da realidade” en Ribadavia
A investigadora do GEA María Soliña Barreiro González participa coa palestra "Do xogo ao incendio: As fotomontaxes de John Heartfield na República de Weimar"
02/11/2023

Ciclo sobre a fotografía e a construción da realidade no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Neste ciclo, que está vinculado á exposición Mentindo con mestría. Montaxes fotográficas de Agusto Pacheco (1948-1973), o tema principal será a fotomontaxe falando de diferentes artistas, técnicas e expresións. Na sexta feira, 3 de santos ás 8 da tarde, comezamos con: […]

Seguir lendo
Faísca cultural: “Narrativas efectivas para comunicar o cambio climático”
O 7 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación ás 11 da mañá
02/11/2023

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra é un programa […]

Seguir lendo
Días do Cinema Palestino ’23
Proxección do filme Tecendo Palestina (Stitching Palestine) dirixida por Carol Mansour ás 12:00 da mañá na Facultade de Ciencias da Comunicación
31/10/2023

Mentres os medios de comunicación internacionais, líderes mundiais e as principais plataformas de redes sociais participan na censura e distorsión da narrativa, ao mesmo tempo que perpetúan a deshumanización dos palestinos e o seu sufrimento constante, estendemos as nosas plataformas en apoio ao Festival “Días do Cinema Palestino”, que foi cancelado pola forza. No sombrío […]

Seguir lendo
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2023 Estudos Audiovisuais