Xa está dispoñible o programa do XIII Congreso Internacional LUSOCOM
'Comunicación e información para o desenvolvemento' é o tema central desta edición
15/11/2018
A poucos días para o arranque do XIII Congreso Internacional da Federação de Associações científicas de Ciências da Comunicação (LUSOCOM) en Maputo (Mozambique), o equipo organizador vén de habilitar o programa do evento para a súa consulta online. Para alén da visión xeral dos tres días de traballo, o programa permite visualizar en detalle a organización das sesións paralelas de presentación de ponencias de dous modos: por grupos temáticos e por franxas horarias.
A 13ª edición deste encontro internacional de investigadoras/es é organizada pola Acicom – Associação Moçambicana de Ciências da Comunicação e da Informação e a Lusocom – Federação Lusófona de Ciências da Comunicação, co apoio da Agacom – Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación, a Intercom – Sociedade Brasileira de Estudos Interdisciplinares de Comunicação e a Sopcom – Associação Portuguesa de Ciências da Comunicação. O tema central, ‘Comunicación e información para o desenvolvemento’, pretende congregar docentes e investigadoras/es de Ciencias da Comunicación para identificar campos de interese comúns, subliñar singularidades e idiosincrasias e explotar eficazmente camiños de cooperación e de intercambio, sempre coa preocupación de promover o rigor e a calidade.
No congreso participarán cinco integrantes do GEA, as investigadoras Margarita Ledo Andión, Ana Isabel Rodríguez Vázquez, Marta Pérez Pereiro, e o investigador Fernando Redondo Neira.
MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes:Margarita Ledo AndiónMarta Pérez PereiroAndrés Fraga PérezJosé Luis Castro de PazEnrique Castelló MayoAntía López GómezFernando Redondo Neira, Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling)Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.