Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

VII Congreso Internacional AE-IC

Diversidade e comunicación

PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS

A Asociación Española de Investigación da Comunicación convoca o seu VII Congreso Internacional a celebrar na Facultade de Filoloxía, Tradución e Comunicación da Universidade de Valencia, do 28 ao 30 de outubro de 2020, co lema “Comunicación e Diversidade” e en modalidade semipresencial. Este congreso contas ademais coa participación e o apoio das restantes Universidades públicas da Comunidade Valenciana (Universidade Jaume I de Castelló, Universidade de Alacante, Universidade Miguel Hernández, Universidade Politécnica), así como coa colaboración de TVMorfosis.

O Congreso proponse convocar a expertas/os internacionais, especialmente dos ámbitos académicos español, europeo e latinoamericano, para intercambiar coñecementos sobre as relacións entre Comunicación e Diversidade na realidade española e europea e na cooperación internacional, especialmente iberoamericana e mediterránea, co obxectivo de establecer diagnoses sobre a situación actual e presentar propostas de articulación de políticas públicas neste importante sector.

A Diversidade, concepto acuñado desde a UNESCO e ratificado universalmente pola firma masiva dos Estados e da propia Unión Europea da Convención de 2005, constituíuse nestes case tres lustros como foco central da comunicación e a cultura e das políticas públicas nacionais e internacionais nestes campos.

A diversidade está ligada así estreitamente coa democracia e a participación cidadá, pero tamén co desenvolvemento económico sostible e coa creatividade e innovación das sociedades. E enténdese non só para as maiorías senón tamén para o apoio e a diversidade das minorías (etnias, xéneros, culturas, linguas), non só para cada país e cada Estado senón tamén a escala multilateral e global, como diálogo imprescindible entre as sociedades, as súas culturas e a súa creatividade, a través da comunicación social.

Os principais obxectos de referencia serán os medios de comunicación, as tecnoloxías da información e as industrias culturais ante os retos da converxencia multimedia, a transformación dixital e a globalización.

Polo que respecta aos contidos temáticos, e consecuentemente coas diferentes perspectivas fundamentais que desagregan a diversidade, o Congreso contasé con tres plenarias-eixos, dedicados a:

  • Comunicación, Diversidade e Democracia
  • Comunicación, Diversidade e Desenvolvemento
  • Comunicación, Diversidade e Creatividade
Título do curso: VII Congreso Internacional AE-ICDescrición: Diversidade e ComunicaciónDatas: 28/10/2020 - 30/10/2020Lugar: Edificio La NAU, y Facultad de Filología, Traducción y Comunicación, de la Universidad de ValenciaInscrición: https://aeicvalencia2020.org/
28/10/2020Edificio La NAU, y Facultad de Filología, Traducción y Comunicación, de la Universidad de Valencia
Mediateca
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais