
Filmar a ollada
Fernando Redondo Neira pescuda, pola súa banda, na arela de certos títulos do cine galego contemporáneo por facer patente a mirada coa que constrúen os seus discursos. «Así acontece na simplicidade aparente dos filmes paisaxistas, nos retratos que indagan nos rostros e os corpos (e nos interpelan como espectadores) e naqueloutros que optan por un complexo xogo de espellos onde a preficción devolve unha imaxe documental», explica o autor. A modo de exemplos, tres películas moi diferentes entre si que comparten esa chamada de atención sobre o acto de ollar, construír a partir do ollado e mesmo mostrar o propio acto de ollar: Paisaxes da Capelada (Alberto Lobelle, 2017); Adolescentes (Ángel Santos, 2011) e Encallados (Alfonso Zarauza, 2012). Unha chamada de atención que reclama tamén a implicación do espectador e o seu recoñecemento como tal, cunha actitude que vai do contemplativo ao reflexivo.
«Todo canto se amosa en Encallados se mira nun espello que o devolve transformado en algo que, sendo o mesmo, aparece distinto, que sendo ficción vénnos de volta como documental. Así ocorre cos personaxes e co relato que se vai tecendo: dous guionistas e un director de cine traballan nun encargo de guión para unha película sobre a catástrofe do Prestige. Acoden a modelos posíbeis de referencia, argallan diferentes liñas de actuación, deciden seguir unha delas que non acaba de callar e rematan por decidirse por un relato que vén sendo o propio relato desta busca. Xirando sobre si mesma, esta historia acaba por ingresar nunha estrutura en abismo no que o xogo de espellos semella reproducirse ata o infinito, coma unha estrutura que se move en círculo ao converter o principio en final e o final en principio. Que caste de filme é este?, que proposta traslada ao espectador?, que nos comunica sobre o labor creativo e sobre a idea de fracaso que emerxe aló ao fondo?»

Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
