Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

In support of a wide notion of media accessibility: Access to content and access to creation

A consideración estreita que prevalece sobre a accesibilidade mediática (MA), afectando só a persoas con discapacidades sensoriais, formula unha serie de cuestións espistemolóxicas e terminolóxicas, e limita o potencial da MA para instigar o cambio social. Este artígo promove unha visión máis ampla da MA que abarca ás persoas con ou sen discapacidades que precisan acceder ao contido audiovisual. Para articular esta ampla noción da MA, faise unha distinción entre acceso a contido e acceso á creación (Dangerfield, 2017), e preséntanse exemplos desde dúas disciplinas emerxentes: refalado interlingüístico e cinema accesible (AFM). Polo que respecta ao contido, o refalado interlingüístico pode contribuír a facer a MA máis visíbel, forzando as audiencias que escoitan a compartir as mesmas necesidades de acceso que as audiencias con perda auditiva. En canto ao AFM, propondo a integración da tradución e accesibilidade como parte do proceso fílmico, proporciónase unha plataforma para xordos, cegos e audiencias estranxeiras, así como para outros grupos, para unir forzas e incrementar a súa visibilidade na industria cinematográfica. Sen embargo, unha noción ampla da MA tamén debe incluír o acceso á creación, isto é, acceso ao equipo, financiamento e oportunidades laborais que poden habilitar a persoas con discapacidades sensoriais a crear produtos audiovisuais que, arguméntase, poden ofrecer unha experiencia audiovisual máis inclusiva e empática que o actual modelo da MA.

Autor/a: Pablo Romero Fresco Ano: 2018Titulo: In support of a wide notion of media accessibility: Access to content and access to creation Categoría: Artigo científico Título revista/libro: The Journal of Audiovisual TranslationNúmero: 1Páxina inicial: 52Páxina final: 71URL: https://www.jatjournal.org/index.php/jat/article/view/53
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais