+34 881 816 529
Enrique Castelló Mayo (Madrid, 1968) é Profesor Titular do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), tras integrar o PDI da Universidade de Valladolid (2000-2004) e do Colexio Universitario “Domingo de Soto” (1997-2000), adscrito á Universidad Complutense de Madrid (UCM). É Doutor en Ciencias da Información (UCM, 2001: Cum Laude unánime), Licenciado en Ciencias da Información (UCM, 1992: Rama de Ciencias da Imaxe Visual e Auditiva) e Experto Universitario en Realización de Reportaxes e Documentais para Televisión (UCM, 1991: Título Propio).
Con 3 tramos de actividade investigadora de nivel 27, recoñecidos pola CNEAI (RD 1086/89) ata 2019. Xa en calidade de IP ou de membro do equipo investigador, o solicitante participou en 18 proxectos competitivos e 16 contratos con empresas e institucións, acreditando unha captación global de fondos públicos e privados que (considerando unicamente os proxectos e contratos nos que a solicitante figura como IP na última década) supera os 2.500.000€, liderando a unha corentena de especialistas, estando vixentes (como IP, ata 2024 e 2026): EU Next Generation: EQC2021-007535-P (640.218€), Eurostars-Eureka: E115354 (18.150€) e Generación de Conocimiento: PID2022-142353OB-I00 (98.750€).
Entre outros recoñecementos á súa traxectoria docente e investigadora, foi distinguido co “Primer Premio a la Innovación”, outorgado pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (SERGAS-Servizo Galego de Saúde), o “Recoñecemento á Excelencia Curricular Docente e Investigadora” da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), e os selos de calidade “Talento Novo” de INJUVE (Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social) e “EYCH 2018-European Year of Cultural Heritage” (European Parliament & EU Council; art. 2: UE 2017/864). Así mesmo, a USC outorgoulle as seguintes distincións: “Segundo Premio de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS)”, “Diploma de Boas Prácticas de Calidade” e “Diploma de Docencia Universitaria”.
Na súa traxectoria profesional no sector audiovisual desde 1992, destaca o seu paso (como realizador, guionista, editor, mesturador, ENG, produtor etc.)/ etc.) pola Agencia EFE, o Canal Norte TV, el Área de Informativos de Antena 3 TV ou o Programa de Nuevas Tecnologías de la Información y la Comunicación (Ministerio de Educación y Cultura), ideando e desenvolvendo producións educativas e culturais, tanto para a”Aventura del Saber” (emitido por Televisión Española), como para a súa difusión en diferentes emisoras e programas da Asociación de Televisiones Educativas y Culturales Iberoamericanas (ATEI).
A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galega
Applied Sciences Open Access Journal
Communication & Society
Comunicar
China-USA Business Review
Comunicar, Revista Científica Iberoamericana de Comunicación y Educación
Propuestas para una comunicación de calidad
Anuário Internacional de Comunicaçao Lusófona 2005: Comunicaçao, Identidades, Migraçoes e culturas na Lusofonía
Razón y Palabra. Primera revista electrónica en América Latina especializada en tópicos de comunicación
Newsletter on Children, Youth &Media in the World