
Os traballos do Cinegalicia 2019 xa están dispoñibles online
A revista 'A Cuarta Parede' conmemora cun feixe de reflexións artísticas o 30 aniversario dun fito na historia do cinema galego
Trinta anos despois da estrea en Vigo de Continental, Urxa e Sempre Xonxa, as primeiras longametraxes en 35mm exhibidas en galego, o equipo da revista online de crítica cinematográfica A Cuarta Parede reuniu a unha vintena de creadoras e creadores que naceron despois de 1989 para reinterpretaren os filmes desde a distintas aproximacións artísticas.
Dous investigadores do GEA, Cibrán Tenreiro e Brais Romero, coordinan esta iniciativa desenvolvida en colaboración coa Deputación da Coruña e na que tamén participan Roberta Vázquez, Laura Ramos, Sara Donoso, Adrián Canoura, Elba Souto, Julia Huete, Jesús Silva, Lara e Noa Castro, Oh Ayatollah, Montse Piñeiro, Anxo F. Couceiro, Iria Silvosa, Charles Rapante, Pepa Prieto Puy, Clara Coira, Camila Viéitez, e Andrés Sanjurjo.
Os traballos desenvolvidos, con achegas dende o ámbito do cinema, a música e as artes gráficas, xa están dispoñibles online.

Seducido polas moitas realidades que acubilla a cidade, Llorenç Soler filma en 1976 o Primeiro Seminario de Arquitectura de Compostela (1976), de carácter descritivo e, en paralelo, unha peza de montaxe radical na forma e na denuncia: Antisalmo. Dende entón Galiza fai parte dos seus materiais e serán as mediametraxes Gitanos sin romancero (1976), Autopista: […]
Neste laboratorio FilmLAB LaC6, un grupo de vinte profesionais do cinema en activo de recoñecida traxectoria, acompañan nas fases inicias sete proxectos cinematográficos de novas autorías. Co fin de formar nas ferramentas necesarias no desenvolvemento e realización da propia obra audiovisual. Ademais de tempo e orientación para profundar nos proxectos, apréndese a elaborar un dossier […]
Os vindeiros 17 e 18 novembro a Asociación pola defensa das persoas con discapacidade/dependencia de Xuristas Inclusiv@s (IN.XURGA), organiza as III Xornadas Internacionais Violencia de xénero e muller con discapacidade IN.XURGA 2022, onde colaborará como asociada de honra a coordinadora do Grupo de Estudios Audiovisuais, Margarita Ledo Andión. intervirá o día 18 ás 18.00h coa […]
Entidade financiadora: Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la SociedadData de inicio: 01/01/2017Data de fin: 31/12/2019Importe: 67.155 €I.P.: Margarita Ledo Andión, Enrique Castelló MayoEntidades participantes: FUNDACIO PER A LA UNIVERSITAT OBERTA DE CATALUNYA; FUNDACIO TECNOCAMPUS; Universidad del País Vasco; Universidade de Vigo
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling

Entidade financiadora: Agencia Estatal de InvestigaciónData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 29/12/2019Importe: 67.155,00€Investigadores participantes: Margarita Ledo Andión