Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo Andión participa no ciclo de presentacións da estrea de “Longa Noite”

04/12/2019

Esta semana chega ás salas de cinema Longa noite, o novo filme de Eloy Enciso, un retrato da sociedade galega da posguerra construído a partir de textos de Max Aub, Luís Seoane ou Alfonso Sastre. Para celebralo, a sala NUMAX organiza, do 5 ao 12 de decembro, unha serie de coloquios e presentacións nas que participarán tanto membros do equipo técnico e artístico da película como investigadoras, escritoras e profesoras, que achegarán ao público diversas perspectivas coas que enriquecer o visionado do filme.

Entre elas estará a directora do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión, que será a encargada de presentar o filme o luns 9 de decembro ás 21:00 horas. Precisamente Longa noite foi un dos filmes obxecto de análise en A foresta e as árbores, segundo volume da serie Para unha historia do cinema en lingua galega, publicado este 2019 polo GEA e a Editorial Galaxia. A xenerosidade de Eloy Enciso e da produtora Beli Martínez, que facilitaron acceder ao filme cando este aínda era un work in progress, fixo posible incluír a película neste itinerario temático ao redor dalgunhas das mostras máis representativas do cinema galego das primeiras décadas do século XXI.

Boa mostra do interese que está a espertar a última película do cineasta lugués atopámola no seu percorrido por festivais nacionais e internacionais como Locarno —onde conseguiu o premio á Mellor Dirección para a Crítica Independente—, Sevilla, Toronto, Nova York, Mar de la Plata —Mención Especial do Xurado— ou Cineuropa.

As datas do ciclo de presentacións e coloquios en NUMAX son:

  • Xoves 5 de decembro | 19:45 e 22:00
    Presentación e coloquio con Eloy Enciso e a equipa do filme ás 19:45 e só presentación na das 22:00.
  • Venres 6 de decembro | 20:00
    Presentación da produtora Beli Martínez
  • Sábado 7 de decembro | 19:45
    Presentación de Dolores Vilavedra, ensaísta e profesora da USC
  • Domingo 8 de decembro | 18:00
    Presentación do escritor Suso de Toro
  • Luns 9 de decembro | 21:00
    Presentación de Margarita Ledo Andión, escritora, cineasta e catedrática da USC
  • Martes 10 de decembro | 18:00
    Presentación e coloquio cos actores Zé Paredes e Nuria Lestegás
  • Mércores 11 de decembro | 20:00
    Presentación e coloquio con investigador@s de Histagra e Nomesevoces
  • Xoves 12 de decembro | 20:15
    Presentación e coloquio cos actores Fernando García e Luís Martínez
MÁIS NOVAS
Proxección e coloquio: Morlaix (Jaime Rosales, 2024) o día 4 de febreiro
A proxección e o coloquio serán no Auditorio da Facultade de Comunicación
20/01/2025

O vindeiro día 4 de febreiro, terza feira, ás 11h proxectárase no auditorio da Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade de Santiago o filme Morlaix. Posteriormente haberá un coloquio ao que asistirán o director da fita, Jaime Rosales, o Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade José Luis Castro de Paz e estudantes da facultade. […]

Seguir lendo
Defensa da tese doutoral: «Análise do potencial educativo presencial e a distancia utilizando recursos inmersivos en realidade virtual e aumentada».
03/12/2024

O pasado venres, día 29 de novembro, Rocío do Pilar Sosa Fernández, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defendeu a súa tese doutoral. Obtivo a cualificación Sobresaínte Cum Laude, por unanimidade, e a mención internacional pola estancia de investigación realizada na Universidade de Aalto, en Finlandia. A dirección da tese estivo a cargo […]

Seguir lendo
Conferencia de Margarita Ledo Andión na Sorbonne Nouvelle: A imaxe que falta, a imaxe que manca
Será na sala C112A da Sorbonne Nouvelle o día 9 de decembro, ás 11h
02/12/2024

A auto-biografía política, dar a ver a súa construción, a marca do dispositivo, o real como material que “debe ser ficcionado para ser pensado (Rancière) é un dos sinais e tamén os arquivos re-significados polas escrituras do “eu”, polo corpo, polos seus ecos, pola actuación… son entradas polas que accedemos ao interior do labirinto a […]

Seguir lendo
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2025 Estudos Audiovisuais