Equipo
Estudos Audiovisuais: Contidos, formatos e tecnoloxía Grupo de Referencia Competitiva do SUG
Andrés Fraga Pérez
Persoal investigador, Persoal en formación e de apoio
andres.fraga@usc.es
+34 619287947
Graduado en Fotografía e Creación Dixital pola Universidade Politécnica de Cataluña e Máster en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde o ano 2004 traballa como fotógrafo para xornais, axencias e revistas galegas e internacionais. Imparte cursos e conferencias e foi impulsor, entre outros proxectos, de 6MPasos e Disquecool. Desde o ano 2012 é profesor asociado de Fotografía Contemporánea na USC e está a traballar na súa tese sobre os álbums de fotografías nos dispositivos móbiles e o seu papel na creación da memoria. As súas investigacións xiran ao redor da relación entre a fotografía e os dispositivos móbiles.
DESTACADOS
PUBLICACIÓNS
New habits in smartphones photo management
2017
adComunica
Neste artigo revísanse os hábitos de uso e xestión das fotografías nos teléfonos intelixentes. Nun momento en que o smartphone é o produto tecnolóxico máis universal, sendo a súa cámara fotográfica un dos seus elementos máis importantes, xorde a hipótese de que os hábitos fotográficos actuais dos usuarios resaltan a…
© 2019 Estudos Audiovisuais