
O GEA participa na XVII International Conference on Minority Languages
A súa intervención desenvólvese no marco do proxecto "EUVOS: Patrimonio Cultural Inmaterial"
O Grupo de Estudos Audiovisuais participa hoxe na XVII International Conference on Minority Language, organizada polo Mercator European Research Centre on Multilingualism and Language Learning (Fryske Akademy). A ICML XVII terá lugar do 22 ao 24 de maio en Ljouwert/ Leeuwarden, Países Baixos. A edición deste ano abordará os desafíos e oportunidades das linguas minoritarias nas sociedades globalizadas.
Linguas Minoritarias nunha Sociedade Globalizada
Desde a organización da ICML advirten que a globalización afectou e afecta ao mundo de inúmeras formas, cambiando as maneiras de facermos negocios, comunicármonos cos demais e aprender idiomas. Isto afecta ás linguas minoritarias, nun contexto que as enfronta a crecentes retos para sobrevivir ou marter a súa posición en sociedades dinámicas crecentemente globalizadas.
Unhas poucas linguas dominantes inflúen nas máis pequenas en diferentes aspectos: usos, número de falantes, educación e aprendizaxe lingüística, políticas e desenvolvemento das tecnoloxías da lingua. Algunhas mesmo se atopan en risco de extinción, podendo chegar, de acordo coas advertencias do Endangered Language Project, a desaparecen o 40% das linguas do mundo por mor da globalización.
O programa da ICML pretende reunir abordaxes multidisciplinares en torno a esta problemática, organizadas en 4 conferencias, 10 coloquios, 91 presentacións de artigos e 17 presentacións de pósters. As integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais Marta Pérez Pereiro e Fernando Redondo Neira participan no coloquio “Globalisation and disruption: Society, media and cultural diversity” este 22 de maio.
Diversidade Lingüística e Acceso ao Cinema
A intervención de Redondo Neira e Pérez Pereiro situase no bloque destinado a “Language diversity and Film Access”, xunto a Marijo Deogracias (Universidade do País Vasco) e Mª Soliña Barreiro (ESUPT-Universitat Pompeu Fabra), tamén colaboradora do grupo, quen fará de moderadora. A participación do GEA ten lugar ao abeiro do proxecto “EUVOS: Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas”.
Baixo o título “Public policies as guarantors of cultural diversity in the digital market” tratarase a diversidade cultural como un dos campo de batalla na contenda entre as forzas dialécticas da uniformización contra a continua creación de novas identidades no mundo globalizado. O audiovisual pode considerarse coma unha das verificacións máis elocuentes deste confrontamento: mentres os traballos en inglés abastecen amplamente as fiestras de distribución, as producións en linguas de diferentes comunidades, como os textos multilingüísticos e políglotas, medraron nas últimas décadas. Analizarase como, malia a diversidade lingüística ser amplamente recoñecida no marco europeo, é dalgún xeito negada en termos de medidas políticas específicas.
Marta Pérez Pereiro actúa tamén como moderadora na mesa presidida por Miren Manias-Muñoz “The visibility of minority-language cinema in European stateless nations: Film translation practices in Galicia, Catalonia and the Basque Country”. Mª Soliña Barreiro presenta xunto a Judith Clares (Universitat Oberta de Catalunya) e Beatriz Zabalondo (University of the Basque Country) este panel
Como sinala o resumo, mentres os traballos cinematográficos actúan como operadores das comunidades imaxinadas (Anderson, 1983), a tradución audiovisual proporciona a oportunidade de promover e exhibir pequenas cinematografías no mercado global, visibilizándoas. O subtitulado devén deste xeito nunha oportunidade para as linguas minoritarias seren escoitadas no mundo, pois esta forma de tradución respecta a versión orixinal. A súa investigación monitoriza as diferentes políticas dedicadas á promoción e a distribución de cinema e analiza os resultados das prácticas reais en pequenas industrias cinematográficas de nacións sen estado europeas; centrándose especificamente nos casos de Cataluña, Galiza e o País Vasco.

Este luns 20 de xuño tivo lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC un encontro co deputado do BNG, Nestor Rego, para facer un balance do escenario que se formula para o sector coa aprobación da Lei do Audiovisual. Ao encontro asistiron representantes de varias das entidades que forman a Iniciativa polo audiovisual en […]
Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 1 de xullo unhas xornadas de formación presencial dedicadas a analizar aspectos xurídicos da produción audiovisual. O desenvolvemento da xornada terá lugar no Auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Baixo o título: Marco xurídico do sector […]
A USC, a través da súa Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS), puxo este ano en marcha a primeira edición do Three Minute Thesis (3MT®), un concurso de comunicación para investigadores e investigadoras de todas as áreas do coñecemento. A doutoranda do GEA, Sara Calvete Lorenzo, é unha das finalistas do certame co vídeo no que […]
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
