
A Real Academia Galega, o Institut d’Estudis Catalans, a Real Academia da Lingua Vasca – Euskaltzaindia, a Fryske Akademy, Lo Congrès Permanent de la Lenga Occitana e EURAC – Institute for Applied Linguistics impulsarán unha rede de entidades homólogas, institutos lingüísticos e centros de investigación de linguas minorizadas ou minoritarias no ámbito europeo co propósito de promover o coñecemento e o respecto da diversidade lingüística do continente. Este é un dos puntos centrais do protocolo de colaboración que foi presentado hoxe polas seis entidades no marco do congreso internacional que Euskaltzaindia celebra en Pamplona dentro do programa de actos do seu centenario.
O encontro organizado por Euskaltzaindia céntrase no labor dunha das súas seccións, Jagon, que quere dicir coidar, o verbo que resume o espírito do protocolo feito público este mediodía. Entre as voces expertas de distintos países europeos que se deron cita no congreso, participou como relator o sociolingüista e secretario da RAG, Henrique Monteagudo.
Na presentación do protocolo participaron xunto a Andrés Urrutia, presidente de Euskaltzaindia, entidade promotora do acordo, Henrique Monteagudo en nome da RAG; Joan Argenter, en representación do Institut d´Estudis Catalans; Cor van der Meer, pola Fryske Akademy, que estuda e defende o frisón, falado en territorios dos Países Baixos, Dinamarca e Alemaña; Benoit Dazeas, de Lo Congrès Permanent de la Lenga Occitana; e Elena Chiocchetti, do EURAC – Institute for Applied Linguistics, da rexión italiana do Tirol do Sur, onde se fala alemán, italiano e ladino.
Segundo recolle o texto, a rede que se impulsará procurará o recoñecemento en cada caso, especialmente das academias, como representantes das súas respectivas comunidades lingüísticas ante as institucións da Unión Europea co obxectivo de garantir os seus dereitos e o seu futuro. A RAG confía en que o novo protocolo facilite ademais avanzar nun posicionamento común que visibilice no contexto estatal a realidade das linguas propias das nacionalidades históricas e poña en valor a diversidade lingüística de España, resaltou na súa intervención na presentación Henrique Monteagudo.
Entre outras medidas, contémplase tamén o intercambio de experiencias no desenvolvemento de recursos e ferramentas lingüísticas que sexan útiles tanto para as comunidades de falantes como para as investigadoras, e incluso se concreta a posibilidade de traballar nunha infraestrutura dixital que poida ser empregada e adaptada ás necesidades de cada unha das institucións.
A colaboración científica, o intercambio de información, a coedición de publicacións de interese común e a coorganización de xornadas, seminarios e congresos son outras das vías de traballo compartido que as institucións se comprometen a fortalecer.
Texto: Real Academia Galega
Imaxe: Euskaltzaindia

O Festival de Málaga retoma as xornadas Málaga Docs coa publicación do libro colectivo El documental en España. Historia, estética e identidad, editado por Cátedra e o propio festival. Complementando a presentación deste volumen celébrase o Encuentro de Cine Documental 2023, En el espejo: una mirada compartida al cine documental en España, que traslada algúns dos […]
A revista Cinema & Território (C&T) é unha publicación científica anual e internacional de arte e antropoloxia das imaxes da Universidade da Madeira (UMa). A C&T está aberta a propostas para publicación de investigadores internos e externos á UMa, que se encadren nos dominios das artes e dos estudos cinematográficos, da antropoloxia visual e das imaxes […]
O certame ten dúas modalidades: monografía e artigo, o premio consistirá nun Diploma acreditativo e unha axuda de até 1.500€ para gastos de publicación do mellor monográfico presentado, e de 400€ para o mellor artigo que supere o proceso de revisión para ser publicado na Revista de la Asociación Española de Investigación de la Comunicación […]
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
