Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Respeaking: subtitling through speech recognition

En termos xerais, o refalado pode definirse como a produción de subtítulos por medios de recoñecemento do discurso. Unha definición máis rigorosa presentaríao como ‘unha técnica na cal o refalador escoita o son orixinal dun programa ou evento en vivo e o re-ala, incluíndo marcas de puntuación e algunhas características específicas para as audiencias de xordos e persoas con problemas auditivos, a un software de recoñecemento do discurso, que transforma a fala recoñecida en subtítulos que se mostran nunha pantalla co menor retraso’ (Romero-Fresco 2011: 1). Así, en moitos sentidos, o refalado é ao subtitulado o que a interpretación á tradución, nomeadamente un salto desde o escrito ao oral sen a rede de seguridade do tempo. É, en efecto, unha forma de interpretación simultánea (normalmente intralingüística) asistida por ordenador co engadido de marcas de puntuación e características como a identificación de diferentes falantes por cores ou etiquetas de nomes. Malia que os refalantes son normalmente incentivados a repetir a banda sonora orixinal, e polo tanto producir subtítulos literais, a acelerada forma de falar nos contidos mediáticos a miúdo faino difícil. O reto derivado dos altos índices de discurso componse por outras restricións. Estas inclúen a necesidade de incorporar marcas de puntuación a través do ditado mentres o refalado da banda sonora orixinal ten lugar; e a expectativa de que o resultado refalado tolerará os índices de lectura do espectador estándar. Consecuentemente, os refaladores acaban por parafrasear, máis que repetir ou imitar, a banda sonora orixinal (Romero-Fresco 2009).

Autor/a: Pablo Romero Fresco Ano: 2018Titulo: Respeaking: subtitling through speech recognition Categoría: Capítulo de libro Título revista/libro: The Routledge Handbook of Audiovisual Translation Studies. Luis Pérez-González (ed.) Páxina inicial: 96Páxina final: 113Cidade: London / New YorkPaís: England / U.S.Editorial: RoutledgeURL: http://10.4324/9781315717166-7
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais