Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Filmar o dó

Dó de nós. Filmar a perda

Mª Soliña Barreiro González revela neste capítulo o dó colectivo e íntimo pola perda do hábitat e dunha identidade ligada a espazos e formas de vivir que esmorecen. Un itinerario que se detén en catro filmes estreados nos anos 10 do século xxi a través dos que atopamos «os fíos dese dó de nós que nos paraliza» e que ao tempo poderían servir para «tecer con eles un novo espazo común». As agresións ao medio natural, as expropiacións para a construción de grandes infraestruturas —moitas veces inútiles—, a emigración, o abandono e o avellentamento rural, son os síntomas dun colapso territorial ignorado colectivamente até acordar «xa no dó da perda e na desorientación sobre quen seremos cando as silvas xa non deixen ver as aldeas». Mais nesta incapacidade para concibir o futuro sen mirar ao pasado, apunta a autora, o cinema contemporáneo galego «abre portas insospeitadas para pensalo».

“Unha aldea asolagada en balde en Os días afogados (César Souto Vilanova e Luís Avilés Baquero, 2015), un ecosistema social sepultado baixo a cidade en Esquece Monelos (Ángeles Huerta, 2016), a desaparición dunha das poucas pequenas que quedan no Courel en Trinta lumes (Diana Toucedo, 2018) e unha fronteira invisíbel detida no tempo en Arraianos (Eloy Enciso, 2012) serán os temas e os filmes que constrúen a constelación cultural do dó. Estas producións, fitadas en conxunto, revelan unhas «estruturas do sentimento» específicas que son froito da «reacción ao cambio» (Williams, 2017, p.59) que leva sufrindo o tecido social galego nos derradeiros cincuenta anos e que agroman con especial forza nos filmes dos anos 10 debido á desaparición das últimas xeracións que termaban do rural”.

Autor/a: María Soliña Barreiro Ano: 2019Titulo: Filmar o dó Categoría: Capítulo de libro Título revista/libro: A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galegaVolume: 2Páxina inicial: 21Páxina final: 37Cidade: VigoPaís: Galicia (España)Editorial: GalaxiaISBN: 978-84-9151-335-3
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais