
VIII Conferencia Internacional sobre Cinemas Pequenos
Diversidade nos cinema glocais: lingua, cultura, identidade
A VIII Conferencia Anual Internacional sobre Cinemas Pequenos transcorreu entre os días 20 e 22 de setembro de 2017 no País Vasco, entre as cidades de Bilbo e Donosti-San Sebastián. Baixo a epígrafe “Diversity in Glocal Cinemas: Language, Culture, Identity” este congreso diríxese a académicos, creadores de políticas e profesionais dos medios de comunicación para tratar o fenómeno dos cinema glocais, entendidos como aqueles concibidos localmente e na lingua local, pero orientados a unha audiencia global.
Nas últimas décadas, a teoría cinematográfica adoptou conceptos como o de “globalización”, “transnacional”, “post-nacional”, “diaspórico” e “trans-rexional”, e o amplamente estendido foco no cinema norteamericano e europeo abriu un camiño para analizar prácticas ou expresións creativas menos coñecidas. Dúas forzas operan hoxe no alternante espazo dos cinemas mundiais: a globalización e a reacción a esta globalización a través do local e o étnico. As comunidades que procuran contar historias desde o seu punto de vista cultural e na súa lingua propia enfrontan extraordinarios desafíos nun mercado dominado por Hollywood e outras industrias maiores. Os organizadores desta conferencia cren que é a través do cinemas glocais que a diversidade cultural e lingüística pode reafirmarse, celebrarse e/ou examinarse criticamente.

20/09/2017Donosti/Bilbo
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
