Norma e autoridade lingüística no galego e no portugués brasileiro
Este artigo propón unha análise comparada do modo de construción da norma e sobre os conflitos propios da constitución da autoridade normativa no galego e no portugués brasileiro. A xustificación para ese tipo de estudo comparado recae no feito de se trataren de “linguas emerxentes”, nun modelo de análise relativista, en situacións diglósicas dentro de contextos socio-históricos moi diferentes, e que teñen entre si unha relación de filiación xenética dentro do grupo lingüístico portugalego. Nese senso, a análise das condicións de produción de norma e os seus conflitos en cada caso, e as ideoloxías lingüísticas implicadas, permite entender as tensións entre unidade e fragmentación dentro do espazo lingüístico identificado coa “lingua portuguesa”.
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
