
Dubbing, subtitling and other lesser evils.
The two versions of the series Vidago Palace
A Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa Lusofonía, popularmente coñecida como Lei Paz Andrade, contemplaba entre os seus obxectivos que a Televisión de Galicia promoverá intercambios de producións audiovisuais e colaborase na creación de novos proxectos. Un dos escasos froitos que ten producido esta lei é a coprodución Vidago Palace, unha miniserie ambientada no 1936 con escenas a ambos lados da fronteira galego-portuguesa, na que participan as canles públicas RTP e TVG. Rodada en portugués e galego, foi emitida nunha dobre versión: orixinal con subtítulos do galego na televisión pública portuguesa, e dobrada á lingua galega na televisión pública galega. Alén das prácticas habituais de subtitulado e dobraxe propias de cada ente, a dobre versión presenta unha serie de peculiaridades lingüísticas. Esta comunicación analízaas para revelar as políticas que as citadas canles aplican a un produto multilingüe, poñendo especial atención aos usos do galego, como lingua minoritaria, nesta ficción televisiva.
A proposta emerxe ao abeiro do proxecto de investigación “EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Cara un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas”, con financiamento do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade (AEI. Ref. CSO2016-76014-R), e Fondos FEDER.

Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
