
Filmar o traballo
O traballo, «un dos tópicos co que, de modo interesado, se nos magnificou a galegas e galegos», apunta Margarita Ledo no prefacio de A foresta e as árbores, é o tema que aborda a análise de Enrique Castelló Mayo, arredor da cal se reúnen a curtametraxe Matria (Álvaro Gago, 2017) e os documentais Doli, doli, doli… coas conserveiras. Rexistro de traballo (Uqui Permuy, 2010), Vikingland (Xurxo Chirro, 2011) e Os fillos da vide (Ana Domínguez, 2017). Confróntanse neste capítulo diferentes abordaxes que van do cinema militante ao documental de recendo etnográfico, do traballo con «metraxe atopada» á construción dunha heroína popular de ficción que desmitifica a idea da Galiza matriarcal.
«Este capítulo articúlase como un percorrido narratolóxico, que arrinca coas imaxes cinéticas máis antigas de Galiza conservadas nos arquivos do CGAI e que remata en 2017 coa curtametraxe Matria de Álvaro Gago. Aínda que se trata dunha aproximación narratolóxica vocacionalmente inmanentista, a análise das tramas, os personaxes, as localizacións, os tempos e as accións das obras audiovisuais obxecto de análise reflicten, con toda a elocuencia do cinematográfico, os conflitos laborais xerados pola contorna socioeconómica na que se inscriben.
Unha análise que tampouco esquece o propio traballo da filmación implícito nos relatos verbo dese eido laboral que, acotío, constrúe ese bordwelliano espazo cinematográfico chamado “Galiza”».

Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
