Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Filmar o velado

Xosé Nogueira fai un percorrido exhaustivo neste capítulo sobre os filmes que, dende o tránsito da década dos oitenta para os noventa do século pasado até a produción cinematográfica máis recente, buscan revisar, reconstruír e desvelar feitos até entón desaloxados pola «historia oficial» fabricada a partir do tráxico desenlace da Guerra Civil. Máis polo miúdo, a análise de Nogueira repara en catro filmes dos últimos dez anos que se constrúen «como descubertas do violentado e extirpado da nosa historia»: Liste, pronunciado Líster (Margarita Ledo, 2007), A viaxe de Leslie (Marcos Nine, 2014), A batalla descoñecida (Paula Cons, 2017) e Longa noite (Eloy Enciso, 2019). Nogueira detense en cada un deles coa arela de revelar non só a historicidade presente en cada obra, senón tamén as súas orixes, motivos e formas de expresión.

“Pechamos este texto reparando no que aínda constitúe, no momento de escribir estas liñas, un work in progress, o filme Longa noite, o novo traballo como director de Eloy Enciso Cachafeiro […] O filme, ambientado na posguerra civil, xorde dunha perplexidade, a do propio Enciso no ano 2014, diante da actitude e mesmo da reacción electoral da nosa sociedade fronte á grande crise que estoura naquel momento; perplexidade que dá lugar a unha pescuda [sobre o réxime do franquismo e a Transición]
[…]
Até aquí, asistimos ao que o realizador denominou «un achegamento aos rostros, ás historias e ás paisaxes da posguerra civil en Galicia». E todo isto ponse en escena a través dun método moi sistemático: recorrendo a planos pechados (case sempre primeiros planos de busto centrados nos rostros, xunto con algúns planos medios e nalgunha ocasión —presentación dos esmoleiros— americanos) para filmar os personaxes, cuxos diálogos se desenvolven nun xogo de planos-contraplanos fronte a unha cámara estática, armados nunha montaxe de carácter sintético”.

Autor/a: Xosé Nogueira Otero Ano: 2019Titulo: Filmar o velado Categoría: Capítulo de libro Título revista/libro: A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galegaVolume: 2Páxina inicial: 39Páxina final: 93Cidade: VigoPaís: Galicia (España)Editorial: GalaxiaISBN: 978-84-9151-335-3
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais