Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Accessible Filmmaking in Documentaries

Consonte cos actuais intentos por construír pontes entre filmes e tradución, o presente artigo aplica a noción de cinema accesible (a integración da tradución audiovisual e a accesibilidade como parte do proceso fílmico) á teoría e a práctica do documental. A primeira parte do artigo ofrece un breve resumo histórico do xénero, con particular énfase nas súas características definitorias e na discusión de como a tradución de documentais foi até o momento manexada por tradutores e cineastas. Tras un curto resumo sobre o progreso na formación, investigación e práctica do cinema accesible, a segunda e principal sección do artigo explora como esta achega foi implementada en catro documentais recentes: Joining the Dots (2012), A Grain of Sand (2014), Colours of the Alphabet (2016) e Notes of Blindness (2016). Estes catro filmes empréganse para ilustrar como a tradución e a accesibilidade poden integrarse no proceso de produción cinematográfica, para discutir o impacto ético e político do uso de subtítulos no documental etnográfico e para analizar o papel da tradución e a accesibilidade na (pre)produción e post-produción, con especial énfase no uso de títulos integrados. A temperá consideración da tradución e a accesibilidade nos documentais preséntase como un asunto de ética e responsabilidade dos cineastas vis-à-vis os participantes no filme e os seus espectadores estranxeiros e con problemas sensoriais.

Autor/a: Pablo Romero Fresco Ano: 2017Titulo: Accessible Filmmaking in Documentaries Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Intralinea, Special Issue: Building Bridges between Film Studies and Translation StudiesPáxina inicial: 12Páxina final: 38URL: http://www.intralinea.org/specials/article/accessible_filmmaking_in_documentaries
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Xeorreferenciamos a situación do subtitulado europeo en linguas non hexemónicas a través dunha cartografía comparativa de políticas públicas e prácticas sectoriais, da taxonomización das principais barreiras e/ou motivaciónz na accesibilidade ao cine VOS, da singularización de aquelas experiencias máis innovadoras a nivel tecnolóxico ou creativo que, atendendo á calidade dos subtítulos e á súa integración na obra cinematográfica, permitan usufructuar as apropiacións ao deseño universal aplicado á accesibilidade mediática, ao subtitulado parcial de O’Sullivan e ao subtitulado creativo.
Seguir lendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais