Public Policies, Diversity and National Cinemas in the Spanish context: Catalonia, Basque Country and Galicia
A Convención de Diversidade da Unesco 2005 supuxo un punto de inflexión no que respecta á protección e á promoción das expresións de diversidade cultural. No actual contexto global, desenvolver políticas e medias culturais para alimentar dita creatividade convértese nunha cuestión chave. Ademais, no caso das comunidades pequenas en situación de minoría onde a situación cultural e lingüística non pode producir os medios para sosterse autonomamente, resulta crucial constituír mecanismos nacionais de de soporte que reduzan o brutal desequilibrio nos fluxos e intercambios culturais transnacionais, e garantir a súa supervivencia. Como parte da produción cultural, o sector audiovisual ten unha dobre importancia; alén do seu impacto positivo na esfera económica xoga un papel fundamental na construción social. De feito, ambos aspectos se reforzan mutuamente. O cinema en particular, non debería considerarse só como un ben local, tamén resulta beneficioso en termos de manter os valores sostidos en común, as circunstancias particulares e o coñecemento do mundo. Os filmes constribúen a reflectir a diversidade cultural global. Este artigo pretende explicar como os corpos culturais públicos actualmente interpretan e traducen políticas culturais nacionais en estratexias cinematográficas no contexto español. Particularmente, mirará como as institucións catalás, vascas e galegas planean, desenvolven, implementan e avalían as súas políticas cinematográficas para establecer unha industria cinematográfica nacional coas súas especificidades culturais e identitarias (nación e lingua).
Entidade financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RData de inicio: 30/12/2016Data de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling