Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

CO(M)XÉNERO

Seminario Permanente de Comunicación e xénero

A persistencia do discurso androcéntrico nos contidos, a liña editorial e as estruturas organizacionais dos medios de comunicación actuais reflicte e perpetúa unha sociedade asimétrica e disfuncional que silencia e incapacita os posicionamentos diverxentes.

Pór fin a esta dinámica invalidante pasa pola necesaria construción de audiencias e colectividades formadas no pensamento crítico, capaces de analizar, deconstruír e mesmo comezar a reverter as representacións e estruturas sexistas presentes nos medios.

A urxencia desa capacitación demanda a incorporación inmediata dos Estudos de Xénero aos plans educativos existentes en materia de comunicación. Neste contexto, o seminario CO(M)XÉNERO busca ser un foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da(s) identidade(s) de xénero.

ACTIVIDADES

Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro
NOVAS RELACIONADAS
Aberta a inscrición para a décimo primeira edición do CO(M)XÉNERO. Na letra pequena. As mulleres nos oficios do cinema.
O seminario terá lugar os días 6 e 7 de novembro na Facultade de Cc. da Comunicación.
07/10/2024

Os días 6 e 7 de novembro de 2024 celebrarase a décimo primeira edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA), na que se afondará no rol esencial das mulleres nos oficios do cinema que en ocasións son considerados á marxe, na súa constitución como figuras versátiles e polifacéticas e no mantemento do seu empeño creativo dende […]

Seguir lendo
Aberta a inscrición para a décima edición do CO(M)XÉNERO. Imaxes do delito.
O seminario terá lugar nos días 8 e 9 de abril na Facultade de Cc. da Comunicación.
26/02/2024

Os días 8 e 9 de abril de 2024, a décima edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA), aborda as prácticas fotográficas feministas, os espazos nos que se producen, as posicións dende as que se enuncian e os seus mecanismos de visibilización. Pilar Aymerich, Premio Nacional de Fotografía 2021, capturou coa súa […]

Seguir lendo
Aberta a inscrición para a novena edición do CO(M)XÉNERO
`Memes, adolescencia e incertezas´ serán o tema do Seminario os días 14 e 15 de novembro.
18/10/2023

A novena edición do Seminario Permanente de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais, traballará sobre adolescencia e humor nas súas formas contemporáneas, entendendo estas prácticas como síntoma, por unha parte das reaccións violentas ao feminismo e, por outra, das propias reflexións sobre a liberación. O martes 14 de novembro comezará coa […]

Seguir lendo
VER TODAS AS NOVAS DA INVESTIGACIÓN
Aberta a inscrición para a oitava edición do CO(M)XÉNERO
O Seminario Permanente de Comunicación e Xénero está titulado desta volta `Videoensaio: cinema menor?´
sara.calvete
06/02/2023

Os cinemas do eu e dende o eu, o cine proceso como fórmula reflexiva, o cine ensaio como método de pensar o mundo a través das imaxes e como método para deixar que as imaxes recuperen o seu peso serán as prácticas que abordaremos nesta oitava edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais […]

O GEA recibe a Mención Honorífica da USC pola súa traxectoria a prol da igualdade de xénero.
O acto de entrega celebrarase o 9 de marzo ás 12.00 h no Paraninfo da USC
Estudos Audiovisuais
26/02/2021

A Oficina de Igualdade de Xénero da USC outorga ao  Grupo de Estudos Audiovisuais a Mención Honorífica en recoñecemento a unha consolidada traxectoria de investigación e actividades formativas con perpectiva de xénero. Entre as iniciativas e accións promovidas polo GEA e valoradas para a concesión desta mención, a Universidade pon énfase no desenvolvemento do CO(M)XÉNERO-Seminario […]

O CO(M)XÉNERO reflexiona sobre autoría, memoria e representación a través da arte e do cinema
O cuarto Seminario Permanente de Comunicación e Xénero da USC decorrerá nos días 19 e 20 de outubro
Claudia Neira Expósito
15/10/2020

Con propostas dende o cinema documental, o traballo con imaxes de arquivo e cinema recuperado, a pescuda nos diarios íntimos ou mesmo a performance e o autorrelato, neste cuarto CO(M)XÉNERO falaremos de identidade, de como nos representan e nos representamos, da necesidade de ampliar a diversidade de voces que constrúen os relatos e configuran a […]

Abren as inscricións para a cuarta edición do CO(M)XÉNERO
O Seminario Permanente de Comunicación e Xénero convídanos desta vez a reflexionar sobre a identidade e a memoria
Claudia Neira Expósito
07/10/2020

Baixo o título «Contra a desmemoria», o CO(M)XÉNERO abre as portas na súa cuarta edición a reflexionar sobre a autoría feminina, sobre a necesidade de apoderamento do relato e a importancia da diversidade de ollares na construción de representacións e discursos interculturais. O seminario terá lugar os días 19 e 20 de outubro de 2020 […]

Xogadoras, comunicadoras e creadoras de videoxogos toman a palabra no CO(M)XÉNERO
Claudia Neira Expósito
15/11/2019

Regresa en novembro CO(M)XÉNERO. Seminario Permanente de Comunicación e Xénero da USC para, nesta ocasión, dar voz ás mulleres que fan dos videoxogos a súa paixón e a súa profesión. Pioneiras galegas, docentes, investigadoras, programadoras, artistas e tamén divulgadoras estarán os días 18 e 19 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación para falar […]

O CO(M)XÉNERO, recoñecido pola USC como acción docente innovadora en materia de xénero
Claudia Neira Expósito
23/10/2019

O CO(M)XÉNERO, Seminario Permanente de Comunicación e Xénero impulsado polo Grupo de Estudos Audiovisuais foi distinguido nos X Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero que entrega cada ano a USC. O seminario, que celebra a súa terceira edición o vindeiro mes de novembro, está coordinado pola catedrática e directora do GEA, Margarita Ledo Andión, […]

Abertas as inscricións para a terceira edición do CO(M)XÉNERO
O seminario pon o foco nos videoxogos para analizar o sexismo, violencias e desigualdades do sector
Claudia Neira Expósito
08/10/2019

A terceira edición do CO(M)XÉNERO, Seminario Permanente de Comunicación e Xénero decorrerá nos días 18 e 19 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e a Oficina de Igualdade de Xénero da USC. Nesta ocasión, as xornadas poñen o foco nos videoxogos, un sector tradicionalmente asociado ao […]

Aberto o prazo de inscrición na segunda edición do Seminario CO(M)XÉNERO
Co título 'Muller nas Estremas', a sesión explora as fronteiras físicas, imaxinarias e culturais vencelladas ao xénero e faino o dende cinema como medio para encaralas. 
Silvia Roca
11/03/2019

O martes 26 de marzo a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a segunda edición do CO(M)XÉNERO, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA). Coordinado por Margarita Ledo Andión, Catedrática de Ciencias de Comunicación e Publicidade da USC e directora do […]

PUBLICACIÓNS RELACIONADAS
CO(M)XÉNERO. Descifrando violencias
2023 CO(M)XÉNERO. Descifrando violencias
Esta publicación xurde das reflexión ao redor da sétima edición do CO(M)XÉNERO, Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que tivo lugar nos días 3 e 4 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) co apoio do Pacto de Estado contra…
Cadernos de comunicación e xénero Co(m)xénero 2
2023 Cadernos de Comunicación e Xénero
O segundo caderno CO(M)XÉNERO segue a facer medrar a aposta e recolle diversas achegas dos seminarios 4, 5 e 6 que celebramos no período 2020-2021 e en marzo de 2022. Contra a desmemoria e a prol da auto-representación organizou a proposta de saída para poder avanzarmos cara a Recuperar a…
A muller como creadora, protagonista e consumidora de videoxogos e transmedia
2020 Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO
Género e jornalismo. Representações e (in)visibilidades
Propostas para un tratamento informativo livre de tópicos sexistas
2020 Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO
Soft monies/Hard realities: fronteira, tecnoloxía e xénero nos primeiros vídeo-ensaios de Ursula Biemann
2020 Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO
Uma câmara só para ela: A construção de identidades através do cinema
2020 Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO
A creación do suxeito feminino no cinema
Inicios, consolidación e novos camiños da teoría e crítica feministas
2020 Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO
A Análise Crítica do Discurso
2020 Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO
Proemio. Caderno CO(M)XÉNERO 1
2020 Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO
Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO 1
2020 Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO
Presentamos o primeiro Caderno de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO, resultado das tres primeiras sesións do seminario, para ampliar o debate sobre os temas e motivos que nos levaran á realización destes encontros. Situámonos no pensamento crítico, na súa aplicación aos lugares que habitamos, ás propostas que construímos, ás obras onde…
El cuerpo y la cámara
De Margarita Ledo Andión
2019 El cuerpo y la cámara
Margarita Ledo reflexiona sobre o corpo filmado, fotografado, representado. Na era dos ” selfies”, cando os ” smartphones” converteron a fotografía nun xesto cotián, proliferante e doméstico para todos nós, unha pregunta pertinente pode ser a quen, en verdade, estamos a representar?, que buscamos poñer en escena? Producimos sen cesar…
ACTIVIDADES
CO(M)XÉNERO XI. Na letra pequena. As mulleres nos oficios do cinema. 06 Nov Rol esencial das mulleres no cinema, a súa constitución como figuras polifacéticas e mantemento do seu empeño creativo.
CO(M)XÉNERO X. Imaxes do delito 08 Apr Prácticas fotográficas feministas, os espazos nos que se producen, as posicións dende as que se enuncian e os seus mecanismos de visibiliza…
CO(M)XÉNERO IX. Memes, adolescencia e incertezas 14 Nov Adolescencia e humor nas súas formas contemporáneas
VER TODAS AS ACTIVIDADES DA INVESTIGACIÓN
CO(M)XÉNERO VIII. Videoensaio: cinema menor? 06 Mar O Seminario Permanente de Comunicación e Xénero está titulado desta volta `Videoensaio: cinema menor?´
CO(M)XÉNERO VII. Descifrando Violencias 03 Nov O Seminario Permanente de Comunicación e Xénero está titulado desta volta `Descifrando Violencias´
CO(M)XÉNERO 6. Fendas no círculo de xiz 22 Mar Seminario Permanente de Comunicación e Xénero
CO(M)XÉNERO 5. Recuperar a fala, recuperar a alma 10 Nov Seminario Permanente de Comunicación e Xénero
CO(M)XÉNERO 4. Contra a desmemoria 19 Oct Seminario Permanente de Comunicación e Xénero
CO(M)XÉNERO 3. Cibersexismo. Violencia e videoxogos 18 Nov Seminario Permanente de Comunicación e Xénero
CO(M)XÉNERO. Muller nas Estremas 26 Mar Seminario Permanente de Comunicación e Xénero
CO(M)XÉNERO 12 Nov Seminario Permanente de Comunicación e Xénero
© 2024 Estudos Audiovisuais