Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Abren as inscricións para a cuarta edición do CO(M)XÉNERO

O Seminario Permanente de Comunicación e Xénero convídanos desta vez a reflexionar sobre a identidade e a memoria

07/10/2020

Baixo o título «Contra a desmemoria», o CO(M)XÉNERO abre as portas na súa cuarta edición a reflexionar sobre a autoría feminina, sobre a necesidade de apoderamento do relato e a importancia da diversidade de ollares na construción de representacións e discursos interculturais. O seminario terá lugar os días 19 e 20 de outubro de 2020 na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta actividade está especialmente dirixida a profesionais e persoal investigador no ámbito da comunicación, a estudantes dos Graos de Comunicación Audiovisual e Xornalismo, así como ao público xeral interesado en abordar os medios e as industrias culturais dende unha lectura e análise críticas.

A inscrición, de balde, está aberta até o 16 de outubro a través do formulario dispoñible na web do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC.

De cara ao cumprimento das medidas de seguridade e hixiene sanitarias esixidas polas autoridades, limítase a 60 o número de prazas presenciais desta edición. Todas as persoas matriculadas poderán seguir as actividades tanto de maneira presencial como por .

Con propostas dende o cinema documental, o traballo con imaxes de arquivo, a pescuda nos diarios íntimos das adolescentes ou mesmo a performance e o autorrelato, este cuarto CO(M)XÉNERO convídanos recuperar a identidade e a memoria e a poñer en cuestión a hexemonía do discurso androcéntrico e da chamada historia oficial.

Para iso, contaremos coa participación docentes, investigadoras e cineastas como Rosa Cabecinhas (Instituto de Ciências Sociais da Universidade do Minho), Xiana do Teixeiro (Tódalas mulleres que coñezo; Crías), Carolina Astudillo (Ainhoa, yo no soy esa; El gran vuelo) e Nuria Giménez Lorang (My mexican bretzel), amais da artista interdisciplinaria Monica Mura.

Organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais coa colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero da USC , o CO(M)XÉNERO conta nesta cuarta sesión co financiamento da Xunta de Galicia a través da convocatoria 2017 de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
CO(M)XÉNERO Seminario Permanente de Comunicación e xénero
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro
Foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da(s) identidade(s) de xénero.
Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais