Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Cadernos de comunicación e xénero Co(m)xénero 2

O segundo caderno CO(M)XÉNERO segue a facer medrar a aposta e recolle diversas achegas dos seminarios 4, 5 e 6 que celebramos no período 2020-2021 e en marzo de 2022. Contra a desmemoria e a prol da auto-representación organizou a proposta de saída para poder avanzarmos cara a Recuperar a fala, recuperar a alma, que puxo os ollos en territorios específicos de exclusión: a diáspora, a represión institucional que vai da pobreza, a nai solteira e até a sexualidade e aqueles modos que estigmatizan para destruirnos so a pauliña da bruxería. E chegamos ás Fendas no círculo de xiz, a esculcar diferentes prácticas nos medios de comunicación e a localizar e esculcar contra-prácticas con perspectiva de xénero e feministas.

Autor/a: Marta Pérez Pereiro María Soliña Barreiro Silvia Roca Baamonde , Rosa Cabecinhas; Guadalupe Jiménez-Esquinas; Rosalía Quiroga Trasorras; Brigitte Vasallo; Xavier Giró Ano: 2023Titulo: Cadernos de comunicación e xénero Co(m)xénero 2 Categoría: Libro Título revista/libro: Cadernos de Comunicación e XéneroVolume: 2
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
CO(M)XÉNERO Seminario Permanente de Comunicación e xénero
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro
Foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da(s) identidade(s) de xénero.
Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais