CO(M)XÉNERO IX. Memes, adolescencia e incertezas
Adolescencia e humor nas súas formas contemporáneas
A novena edición do Seminario Permanente de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais, traballará sobre adolescencia e humor nas súas formas contemporáneas, entendendo estas prácticas como síntoma, por unha parte das reaccións violentas ao feminismo e, por outra, das propias reflexións sobre a liberación.
O martes 14 de novembro comezará coa master class “O poder dun meme. Produción de humor feminista e antifeminista nas redes”. Marta Pérez Pereiro, profesora e investigadora do GEA, reflexionará sobre esta figura do humor 2.0 como forma opresiva ou como espazo de emancipación e creación feminista. A continuación, Laura Tabarés, artista visual e pertencente ao Espazo Leira e Ontologías feministas, ofrecerá un obradoiro de creación de memes na liña das súas pesquisas en torno á dixitalidade como medio para acceder a outros planos da realidade, desvelar como operan as violencias e especular sobre outras posibilidades políticas.
María José Masanet, profesora e investigadora da Universitat de Barcelona (Transgelit), aborda o mércores 15 de novembro en “Violencias e series adolescentes: evolución da representación e dos elementos argumentais” as narrativas do público mozo e os seus arquetipos nas series de ficción, vencellando a perspectiva de xénero e a representación da sexualidade e das relacións amorosas coa educación mediática e as narrativas transmedia. Tamén desenvolverá o obradoiro “Rachar estereotipos: creación de narrativas adolescentes diversas”, coma complemento práctico ás reflexións da ponencia previa.
A inscrición é de balde e estará aberta ata o 10 de novembro a través deste formulario.
14/11/2023Facultade de Ciencias da Comunicación, Santiago de Compostela
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro