Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Aberta a inscrición para a décima edición do CO(M)XÉNERO. Imaxes do delito.

O seminario terá lugar nos días 8 e 9 de abril na Facultade de Cc. da Comunicación.

26/02/2024

Os días 8 e 9 de abril de 2024, a décima edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA), aborda as prácticas fotográficas feministas, os espazos nos que se producen, as posicións dende as que se enuncian e os seus mecanismos de visibilización.

Pilar Aymerich, Premio Nacional de Fotografía 2021, capturou coa súa cámara o rexurdimento das mulleres rebeldes na esfera pública durante a Transición (os delitos propios, as  manifestacións, os congresos, as autoinculpacións), con ela repasaremos esa nova xenealoxía da imaxe fotográfica de mulleres e coa súa galerista, Rocío Santacruz, pensaremos as formas de facer circular a fotografía documental feminista.

O autorecoñecemento na posición de outsider dos proxectos fotográficos de Laure Mojo contribuirán a preguntarnos dende onde  enuncian as mulleres a súas imaxes con liberdade; e o traballo de recuperación fotográfica en forma de curtametraxe desenvolvida por Mar Caldas pecha o círculo coa recuperación dunha memoria en imaxes ausentes reprimida polo Franquismo.

A inscrición é de balde e ata completar aforo. Estará aberta ata o 5 abril a través deste formulario.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
CO(M)XÉNERO Seminario Permanente de Comunicación e xénero
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro
Foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da(s) identidade(s) de xénero.
Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais