Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

CO(M)XÉNERO. Descifrando violencias

Esta publicación xurde das reflexión ao redor da sétima edición do CO(M)XÉNERO, Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que tivo lugar nos días 3 e 4 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) co apoio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Nesta ocasión, as xornadas céntraronse no ollar, debater, e aprender a descifrar diferentes modos e maneiras de violencia, latentes ou que podemos tocar ca man. Esta  “comunidade electiva” que se foi entrelazando á volta do  CO(M)XÉNERO chega á súa edición número 7 para ollar, debater, e aprender a descifrar diferentes modos e maneiras de violencia, latentes ou que podemos tocar ca man.

Da muller-monstro no cinema de terror, entre as cales a muller-lobo tan presente nas nosas fábulas ou a muller-caníbal, de Itxaso del Castillo, ensinante na Universidade do País Vasco, mentres Silvia Roca, investigadora do GEA, desacougounos dando a coñecer como se nos representa na ficción galega.

As pezas de María Ruido, artista multimedia e profesora  na Universidade de Barcelona acollen a  pequena e gran transgresión ate o límite canda unha nova alfaia, `Las reglas del juego´, esa conversa con Brigitte Vasallo que acordou todas as sospeitas sobre a performarce do propio corpo, un corpo que queremos liberado dos medos e dos espazos escuros da agresión permanente.

O obradoiro de Adriana Páramo e de Iria Pinheiro, `O escenario por cámara´, traeu á tona aspectos desa ferida que se singulariza como “violencia obstrética”.

Autor/a: María Soliña Barreiro Silvia Roca Baamonde , Itxaso del Castillo, María Ruido, Adriana Páramo, Iria Pinheiro Ano: 2023Titulo: CO(M)XÉNERO. Descifrando violencias Categoría: Libro Título revista/libro: CO(M)XÉNERO. Descifrando violenciasCidade: Santiago de CompostelaPaís: EspañaEditorial: Axencia GráficaISBN: 978-84-09-47435-6
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
CO(M)XÉNERO Seminario Permanente de Comunicación e xénero
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro
Foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da(s) identidade(s) de xénero.
Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais