Equipo
Estudos Audiovisuais: Contidos, formatos e tecnoloxía Grupo de Referencia Competitiva do SUG
Pablo Calviño Tato
Persoal investigador

Graduado en Comunicación Audiovisual e Xornalismo e Mestrado en Xornalismo e Comunicación Multimedia, actualmente é investigador predoutoral (FPU22/03057) no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).  A súa tese aborda, dende unha perspectiva queer, as estratexias formais e narrativas de inscrición do sexual na filmografía de ficción do director portugués João Pedro Rodrigues.

 

 

DESTACADOS
PUBLICACIÓNS
La plataforma RTVE Play como servicio público de comunicación audiovisual: un modelo a repensar
2026
Miguel Hernández Communication Journal
A evolución do sector audiovisual tras a popularización do modelo disruptivo das plataformas obrigou aos poderes públicos a actualizar os seus marcos normativos. Neste contexto, os Medios de Servizo Público (PSM) implantaron estratexias corporativas e comerciais para competir con operadores transnacionais, dotados de maiores capacidades económicas e produtivas, subordinando nalgúns…
© 2026 Estudos Audiovisuais