O CO(M)XÉNERO, Seminario Permanente de Comunicación e Xénero impulsado polo Grupo de Estudos Audiovisuais foi distinguido nos X Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero que entrega cada ano a USC. O seminario, que celebra a súa terceira edición o vindeiro mes de novembro, está coordinado pola catedrática e directora do GEA, Margarita Ledo Andión, e pola profesora e investigadora Marta Pérez Pereiro.
Con estes premios, a USC pon o foco en accións innovadoras dirixidas á inclusión da perspectiva de xénero na docencia e na investigación. A Universidade outorgou tres premios para cada unha das modalidades, correspondendo ao CO(M)XÉNERO o segundo premio no eido docente. Marta Pérez Pereiro recolleu o galardón este mércores nun acto presidido polo reitor da USC.
O primeiro premio na docencia foi para un proxecto sobre a materia Estrutura Social e Estado do Benestar, mentres o terceiro foi outorgado a unha iniciativa para introducir a perspectiva de xénero no estudo das adiccións.
Na modalidade de investigación, foron premiados un proxecto sobre a muller na historia rural, unha pesquisa sobre as estratexias de seguridade marítima dende unha perspectiva de xénero e unha terceira sobre as directivas femininas e a xestión de impresións nos informes de sustentabilidade.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro
