Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O GEA recibe a Mención Honorífica da USC pola súa traxectoria a prol da igualdade de xénero.

O acto de entrega celebrarase o 9 de marzo ás 12.00 h no Paraninfo da USC

26/02/2021

A Oficina de Igualdade de Xénero da USC outorga ao  Grupo de Estudos Audiovisuais a Mención Honorífica en recoñecemento a unha consolidada traxectoria de investigación e actividades formativas con perpectiva de xénero. Entre as iniciativas e accións promovidas polo GEA e valoradas para a concesión desta mención, a Universidade pon énfase no desenvolvemento do CO(M)XÉNERO-Seminario Permanente de Comunicación e Xénero e na súa tarefa cara á deconstrución das representacións e estruturas sexistas presentes nos medios e nas industrias culturais e creativas.

A entrega da mención terá lugar o día 9 de marzo ás 12.00 no Paraninfo da Universidade no marco do acto conmemorativo do Día Internacional das Mulleres. O evento contará coas intervencións de Marilar Aleixandre e Margarita Ledo Andión.

A concesión deste recoñecemento forma parte das accións emprendidas pola USC en cumprimento do II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (PEIOMH), que ten por obxectivo promover a introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación.

 

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
CO(M)XÉNERO Seminario Permanente de Comunicación e xénero
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro
Foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da(s) identidade(s) de xénero.
Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais