
CO(M)XÉNERO 5. Recuperar a fala, recuperar a alma
Seminario Permanente de Comunicación e Xénero
A persistencia do discurso androcéntrico nos contidos, a liña editorial e as estruturas organizacionais dos medios de comunicación actuais e das industrias creativas e culturais reflicten e perpetúan unha sociedade asimétrica e disfuncional que silencia e incapacita os posicionamentos diverxentes.
Pór fin a esta dinámica invalidante pasa pola necesaria construción de audiencias e colectividades formadas no pensamento crítico, capaces de analizar, deconstruír e mesmo comezar a reverter as representacións e estruturas sexistas presentes nos medios.
A quinta edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e a Oficina de Igualdade de Xénero da USC co apoio de Xornalistas Galegas, pon o foco na violencia sufrida por mulleres e nas diversas prácticas de resistencia e autodefensa artelladas dende eidos tan diversos como a recuperación da lingua propia, a recuperación de espazos e obxectos ou mesmo dende a asunción da violencia como lexítima forma de defensa. O seminario afondará en discursos históricos, audiovisuais e antropolóxicos á vez que proporá a creación de pezas audiovisuais que reforcen a idea da recuperación da fala como recuperación do discurso, da alma propia.
O seminario está dirixido a estudantes de comunicación, persoal investigador, profesionais e, en xeral, a todas as persoas interesadas en abordar, dende unha lectura crítica, os medios e as industrias culturais e creativas.
O prazo de inscrición está aberto até o 9 de novembro.
Esta edición do CO(M)XÉNERO conta con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade) e da Xunta de Galicia a través da convocatoria 2021 de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas, da que é beneficiario o GEA.
As conferencias do Visionado 1 están limitadas a 75 persoas.
O obradoiro audiovisual da Sala Nacho Mirás ten un formato máis reducido con 30 prazas dispoñibles.
A participación é de balde previa inscrición. Prazas esgotadas.
Programa
Mércores, 10 de novembro.
VISIONADO 1.
(Podes seguilo en liña en TEAMS)
16.15 h | Benvida e presentación do V CO(M)XÉNERO. | Margarita Ledo Andión, catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Pérez Pereiro, docente e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela, María Soliña Barreiro González, docente e investigadora da USC, e Silvia Roca Baamonde, xornalista e investigadora da USC.
16.30 h | Nós, que vimos de fora. A fala na diáspora coma experiencia queer
Relatora: Brigitte Vasallo. Investigadora e escritora
17.30 h | Proxeccións e debate: Una dedicatoria a lo bestia (Dirs. nucbeade, 10´45’’), coa participación de Quiela Nuc e Andrea Beade.
Modera: Margarita Ledo Andión
18.30 h | Pausa
SALA NACHO MIRÁS
18.45 h| Peza de aprendizaxe: Obradoiro arredor do proxecto No nos veréis llorar.
Docentes: Elena G. Fraj Herranz, investigadora e docente da Universitat de Barcelona e cineasta, e Miguel Ángel Ramos, deseñador gráfico, ilustrador e realizador audiovisual.
21.00 h | Peche
Xoves, 11 de novembro
VISIONADO 1.
(Podes seguilo en liña en TEAMS)
16.15 h | Benvida e presentación
16.30 h | Representación das mulleres no cinema dos orixes: das traballadoras, emigrantes e prostituídas ás revolucionarias, terroristas e sufraxistas.
Relatora: Mª Soliña Barreiro , investigadora e docente da Universidade de Santiago de Compostela.
17:30 h | Quen eran en realidade as bruxas? Unha aproximación dende a antropoloxía feminista.
Relatora: Guadalupe Jiménez Esquinas, docente e investigadora da USC, e Rosalía Quiroga, graduada da Universidade de Santiago de Compostela.
18.30 h | Pausa
SALA NACHO MIRÁS
18.45 h | Peza de aprendizaxe: Obradoiro arredor do proxecto No nos veréis llorar.
Docentes: Elena G. Fraj Herranz, investigadora e docente da Universitat de Barcelona e cineasta, e Miguel Ángel Ramos, deseñador gráfico, ilustrador e realizador audiovisual.
21.00 h | Peche
Recoñecemento para estudantes de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas.
A participación no seminario pode ser recoñecida como actividade formativa para o estudantado do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas. Esixe acreditación da asistencia á totalidade das actividades recollidas nun dos itinerarios.
Solicita máis información en comxenero@estudosaudiovisuais.gal

10/11/2021Facultade de Ciencias da Comunicación
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro