Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

CO(M)XÉNERO XI. Na letra pequena. As mulleres nos oficios do cinema.

Oficios do cinema.

Os días 6 e 7 de novembro de 2024 celebrarase a décimo primeira edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA), na que se afondará no rol esencial das mulleres nos oficios do cinema que en ocasións son considerados á marxe, na súa constitución como figuras versátiles e polifacéticas e no mantemento do seu empeño creativo dende todas as posicións.

O seminario dará comezo o mércores 6 de novembro coa intervención de Xaime Varela Sieiro, investigador e profesor do IES Arcebispo Xelmirez II de Santiago de Compostela, quen recupera a figura da sonidista Cruz Risco, creadora da peza Por que marchamos (1979). A continuación, intervirá Carme Rodríguez, compositora e orquestradora galega, que esclarecerá, dende a súa propia experiencia, o oficio da composición na industria audiovisual.

Ana Viñuela, profesora e investigadora da Université Paris 3 Sorbonne Nouvelle, iniciará a xornada do 7 de novembro abordando o mundo da coprodución a través do modelo francés e o caso d’O que arde (2019), froito do traballo conxunto entre Galicia, Francia e Luxemburgo. Por último, o seminario contará coa participación de Pilar Monsell, directora, montadora, guionista e investigadora na Universitat Pompeu Fabra (UPF) de Barcelona, quen abordará os seus procesos creativos integrais no cinema de non ficción.

A inscrición é de balde e ata completar aforo. Estará aberta ata o 4 de novembro a través deste formulario.

Título do curso: CO(M)XÉNERO XI. Na letra pequena. As mulleres nos oficios do cinema.Descrición: Rol esencial das mulleres no cinema, a súa constitución como figuras polifacéticas e mantemento do seu empeño creativo.Datas: 06/11/2024 - 07/11/2024Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación, Santiago de CompostelaDuración: 8h.Inscrición: https://forms.office.com/e/ptNxe2DJRk
06/11/2024Facultade de Ciencias da Comunicación, Santiago de Compostela
Descargas
Mediateca
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
CO(M)XÉNERO Seminario Permanente de Comunicación e xénero
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro
Foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da(s) identidade(s) de xénero.
Seguir lendo
© 2025 Estudos Audiovisuais