Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

CO(M)XÉNERO 4. Contra a desmemoria

Seminario Permanente de Comunicación e Xénero

A persistencia do discurso androcéntrico nos contidos, a liña editorial e as estruturas organizacionais dos medios de comunicación e das industrias culturais e creativas actuais reflicte e perpetúa unha sociedade asimétrica e disfuncional que silencia e incapacita os posicionamentos diverxentes.

Pór fin a esta dinámica invalidante pasa pola necesaria construción de audiencias e colectividades formadas no pensamento crítico, capaces de analizar, deconstruír e mesmo comezar a reverter as representacións e estruturas sexistas presentes.

Baixo o título Contra a desmemoria, a cuarta sesión do CO(M)XÉNERO abre as portas á reflexión sobre a autoría feminina, sobre a necesidade de apoderamento do relato e a importancia da diversidade de ollares na construción de representacións e discursos interculturais.

O seminario está dirixido a estudantes de comunicación, investigadoras e investigadores, profesionais e, en xeral, a todas as persoas interesadas en abordar, dende unha lectura crítica, os medios e as industrias culturais e creativas.

De cara ao cumprimento das medidas de seguridade e hixiene sanitarias esixidas polas autoridades, limítase a 60 o número de prazas presenciais dispoñíbeis. As persoas matriculadas poderán seguir o evento tanto de maneira presencial como en streaming [1]. O prazo de inscrición, de balde, está aberto até o 16 de outubro.

O CO(M)XÉNERO. Seminario Permanente de Comunicación e Xénero está organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da USC co financiamento da Xunta de Galicia, a través da convocatoria 2017 de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas, e coa colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero da USC e da Asociación do Traxe Galego.

Rexistro de asistencia 19 outubro 2020

Rexistro de asistencia 20 outubro 2020

Programa

Luns, 19 de outubro – Ir ao evento en streaming

AUDITORIO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN

16.30 h. Benvida e presentación da IV Edición do CO(M)XÉNERO. | Margarita Ledo Andión, Catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Santiago de Compostela, e Marta Pérez Pereiro, docente e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela.

16.45 h. Memorias (des)aliñadas. Cinema, xénero e comunicación intercultural. | Rosa Cabecinhas. Investigadora e docente do Instituto de Ciências Sociais da Universidade do Minho. Doutora en Ciencias da Comunicación, na área de Psicosocioloxía da Comunicación.

18.00 h. Pausa

18.15 h.  Autorrepresentación, corpo e memoria | Monica Mura. Artista feminista interdisciplinar, performer e artivista. Dottoressa magistrale en D.A.M.S., Discipline dell’Arte, della Musica e dello Spettacolo coa especialidade en Linguaxe Multimedia pola Università degli studi di Torino.

20.00 h. Peche

Martes, 20 de outubro – Ir ao evento en streaming

AUDITORIO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN

16.30 h. Autorrelato, memoria e ficción. A antibiografía adolescente en «Crías» | Xiana do Teixeiro. Cineasta, produtora e investigadora. Licenciada en Xornalismo pola USC e a University of Southampton. Doutora en Comunicación Audiovisual pola Universitat Autònoma de Barcelona.

17.45 h. Pausa

18.00 h. O diario íntimo e as experiencias femininas en «Ainhoa, yo no soy esa» [conferencia on line] | Carolina Astudillo Muñoz. Realizadora, xornalista, investigadora e docente. Diplomada en Estudos de Cine pola Universidad Católica de Chile e Mestrada en Documental Creativo pola Universitat Autònoma de Barcelona.

19.00 h. Cinema recuperado, intervención e memoria en «My mexican bretzel» [conferencia on line] | Nuria Giménez Lorang. Cineasta e licenciada en Xornalismo, cursou tamén estudos en Relacións Internacionais e Realización de Cinema Documental.

20.00 h. Peche

Recoñecemento para estudantes de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas

A participación no seminario pode ser recoñecida como actividade formativa para o estudantado do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas. Esixe a acreditación das asistencia á totalidade das conferencias para alén de entregar unha recensión sobre o filme escollido.

[1] O desenvolvemento presencial do evento fica condicionado á evolución da situación e as posibles mudanzas e restricións requiridas polas autoridades sanitarias. A asistencia ao mesmo esixe o cumprimento dos protocolos e medidas de seguridade determinadas pola Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información en comxenero@estudosaudiovisuais.gal

Título do curso: CO(M)XÉNERO 4. Contra a desmemoriaDescrición: Seminario Permanente de Comunicación e XéneroDatas: 19/10/2020 - 20/10/2020Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación
19/10/2020Facultade de Ciencias da Comunicación
Descargas
– Programa CO(M)XÉNERO 4. pdf | 118.57 KB
Mediateca
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
CO(M)XÉNERO Seminario Permanente de Comunicación e xénero
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro
Foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da(s) identidade(s) de xénero.
Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais