
CO(M)XÉNERO VIII. Videoensaio: cinema menor?
O Seminario Permanente de Comunicación e Xénero está titulado desta volta `Videoensaio: cinema menor?´
Os cinemas do eu e dende o eu, o cine proceso como fórmula reflexiva, o cine ensaio como método de pensar o mundo a través das imaxes e como método para deixar que as imaxes recuperen o seu peso serán as prácticas que abordaremos nesta oitava edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA).
“Videoensaio: cinema menor?” interróganos sobre a liberdade e heteroxeneidade desta práctica vencellada ao cinema feminista dende as súas orixes. E xoga cas reflexións de Deleuze e Guattari en Kafka. Pour une littérature mineur para considerar este tipo de ensaio coa cámara como cine político e con arume colectivo, como cine que constrúe espazos de emancipación.
Ana Mejón achegaranos a experiencia da revista Tecmerin, destacada por Sight and Sound polos seus contidos desenvolvidos a través de videoensaios, e Xisela Franco proporá, dende a súa propia praxe, técnicas de traballo para ensaiar cos xéneros do eu.
A inscrición é de balde e está aberta ata o 5 de marzo a través deste formulario.

06/03/2023Facultade de Ciencias da Comunicación, Santiago de Compostela
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 31/12/2020I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: Marta Pérez Pereiro Silvia Roca Baamonde , Carla Cerqueira; Ana Jorge