CO(M)XÉNERO 3. Cibersexismo. Violencia e videoxogos
Seminario Permanente de Comunicación e Xénero
A persistencia do discurso androcéntrico nos contidos, a liña editorial e as estruturas organizacionais dos medios de comunicación actuais e das industrias creativas e culturais reflicten e perpetúan unha sociedade asimétrica e disfuncional que silencia e incapacita os posicionamentos diverxentes.
Pór fin a esta dinámica invalidante pasa pola necesaria construción de audiencias e colectividades formadas no pensamento crítico, capaces de analizar, deconstruír e mesmo comezar a reverter as representacións e estruturas sexistas presentes nos medios.
A terceira edición do CO(M)XÉNERO, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e a Oficina de Igualdade de Xénero da USC, pon o foco na contorna dos videoxogos para observar as desigualdades e estereotipos de xénero existentes na construción de narrativas, no desenvolvemento profesional das mulleres como xogadoras, comentaristas, formadoras, creadoras e programadoras, e a súa transcendencia social. Ao tempo, aborda e analiza os escenarios de violencia recorrentes neste contexto para procurar ferramentas comunicacionais e educativas coas que comezar a mudar o espazo de xogo.
O seminario está dirixido a estudantes de comunicación, investigadoras e investigadores, profesionais e, en xeral, a todas as persoas interesadas en abordar, dende unha lectura crítica, os medios e as industrias culturais e creativas. O prazo de inscrición está aberto até o 15 de novembro.
Esta terceira edición do CO(M)XÉNERO está financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade) e da Xunta de Galicia a través da convocatoria 2017 de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas, da que é beneficiario o GEA.
Recursos e materiais de interese
Programa
Luns, 18 de novembro
VISIONADO 1
16.00 h. Benvida e presentación da III Edición do CO(M)XÉNERO. | Margarita Ledo Andión, Catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Santiago de Compostela, e Marta Pérez Pereiro, docente e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela.
16.15 h. Conferencia. Tecnoloxías e cambio social: porque as mulleres non debemos perder ese tren. | Nieves R. Brisaboa. Directora do grupo de investigación Laboratorio de Bases de Datos. Catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade da Coruña. Premio Nacional de Informática.
17.00 h. Conferencia. A muller como creadora, protagonista e consumidora de videoxogos e transmedia. | Dhaunae De Vir. Desenvolvedora de negocio de videoxogos e transmedia. Ex-xogadora semiprofesional.
18.00 h. Pausa
SALA DE DOUTORAMENTO (S3)
18.15 h. Obradoiro 1. O deseño de videoxogos dende una perspectiva inclusiva. | Beatriz Legerén Lago. Profesora especializada en deseño e creación de videoxogos da Universidade de Vigo. Guionista e deseñadora de produtos interactivos. Olaia Ferrando. Deseñadora UI/UX. Ilustradora. Investigadora no ámbito dos videoxogos. | Prazas: 25.
VISIONADO 1
18:15 h. Proxeccións e debate 1. Tropes vs. Women in Video Games (Anita Sarkeesian, 2013-2017) – VOSG. Pezas audiovisuais que abordan o sexismo no ámbito dos videoxogos.
- 25 Invisible Benefits of Gaming While Male (Sarkeesian 2014, 5’)
- Ms. Male Character (Sarkeesian, 2015, 25’)
- Jade – Positive Female Characters in Video Games (Sarkeesian, 2015, 11’)
- Body Language & The Male Gaze (Sarkeesian, 2016, 8’)
21.00 h. Peche da xornada.
Martes, 19 de novembro
AULA “NACHO MIRÁS”
16.00 h. Obradoiro 2. As mulleres nos videoxogos: creación de personaxes dende unha perspectiva inclusiva. | Luz Castro Pena. Profesora da Universidade da Coruña especializada en creación dixital, deseño, desenvolvemento e comercialización de videoxogos. Socia e co-fundadora de imaxin|software. | Prazas: 25
VISIONADO 1
16:00 h. Proxeccións e debate 2. Mulleres, homes e videoxogos. Pezas audiovisuais que abordan o sexismo no ámbito dos videoxogos.
- Mujeres+Videojuegos (Marina Amores, 2015, 30’)
- Hombres+Videojuegos (Marina Amores, 2016, 23′).
AUDITORIO
18.00 h Partida de exhibición de Overwatch | Minia «Samku» Monteagudo e Javier «Gamer Vidal» Martínez, comentaristas de eSports e integrantes de TitanMedia.
19.15 h Mesa redonda. A fregar! Acoso e sexismo nos videoxogos.
Modera: Marta Pérez Pereiro. Docente e investigadora da USC.
Intervencións de:
- Marina Amores «blissy». Comunicadora audiovisual especializada en videoxogos e xénero. (videoconferencia)
- Luz Castro Pena. Docente e investigadora da UDC. Socia de imaxin|software.
- Dhaunae De Vir. Desenvolvedora de negocio de videoxogos e transmedia.
- María Fernández Hermida. Creadora e iluminadora de escenarios virtuais para videoxogos. Escritora e embaixadora de Women in Games.
- Olaia Ferrando. Deseñadora UI/UX, ilustradora e investigadora.
- Beatriz Legerén Lago. Docente e investigadora da UVigo e guionista.
- Minia «Samku» Monteagudo. Comentarista de eSports e integrante de TitanMedia.
21.00 h. Peche do seminario.
Recoñecemento para estudantes de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas.
A participación no seminario pode ser recoñecida como actividade formativa para o estudantado do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas. Esixe acreditación da asistencia á totalidade das actividades recollidas nun dos itinerarios.
Solicita máis información en comxenero@estudosaudiovisuais.gal
18/11/2019Facultade de Ciencias da Comunicación
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro