Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

CO(M)XÉNERO X. Imaxes do delito

Prácticas fotográficas feministas.

Os días 8 e 9 de abril de 2024, a décima edición do CO(M)XÉNERO, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA), aborda as prácticas fotográficas feministas, os espazos nos que se producen, as posicións dende as que se enuncian e os seus mecanismos de visibilización.

Pilar Aymerich, Premio Nacional de Fotografía 2021, capturou coa súa cámara o rexurdimento das mulleres rebeldesna esfera pública durante a Transición (os delitos propios, as manifestacións, os congresos, as autoinculpacións), con ela repasaremos esa nova xenealoxía da imaxe fotográfica de mulleres e coa súa galerista, Rocío Santacruz, pensaremos as formas de facer circular a fotografía documental feminista.

O autorecoñecemento na posición de outsider dos proxectos fotográficos de Laure Mojo contribuirán a preguntarnos dende onde  enuncian as mulleres a súas imaxes con liberdade; e o traballo de recuperación fotográfica en forma de curtametraxe desenvolvida por Mar Caldas pecha o círculo coa recuperación dunha memoria en imaxes ausentes reprimida polo Franquismo.

A inscrición é de balde e ata completar aforo. Estará aberta ata o 5 abril a través deste formulario.

 

Título do curso: CO(M)XÉNERO X. Imaxes do delitoDescrición: Prácticas fotográficas feministas, os espazos nos que se producen, as posicións dende as que se enuncian e os seus mecanismos de visibilización.Datas: 08/04/2024 - 09/04/2024Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación, Santiago de CompostelaDuración: 8h.Inscrición: https://forms.office.com/e/qb54mKfpTa
08/04/2024Facultade de Ciencias da Comunicación, Santiago de Compostela
Descargas
Mediateca
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
CO(M)XÉNERO Seminario Permanente de Comunicación e xénero
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro
Foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da(s) identidade(s) de xénero.
Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais