Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Abertas as inscricións para a terceira edición do CO(M)XÉNERO

O seminario pon o foco nos videoxogos para analizar o sexismo, violencias e desigualdades do sector

08/10/2019

A terceira edición do CO(M)XÉNERO, Seminario Permanente de Comunicación e Xénero decorrerá nos días 18 e 19 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e a Oficina de Igualdade de Xénero da USC. Nesta ocasión, as xornadas poñen o foco nos videoxogos, un sector tradicionalmente asociado ao ocio masculino no que as mulleres veñen reclamando, cada vez máis, a súa voz propia como creadoras, xogadoras e comunicadoras.

Coordinado pola directora do GEA, a catedrática Margarita Ledo Andión, e a docente e investigadora da USC, Marta Pérez Pereiro, o seminario está dirixido a estudantes de comunicación, investigadoras e investigadores en formación, profesionais e, en xeral, a todas as persoas interesadas en abordar os medios e as industrias culturais e creativas dende unha lectura crítica. A participación no CO(M)XÉNERO pode ser recoñecida como actividade formativa para o estudantado do programa de doutoramento da USC «Comunicación e Información Contemporáneas»

A inscrición é de balde e está aberta até o 15 de novembro a través do formulario dispoñible na web do GEA.

«Cibersexismo. Violencia e Videogoxogos» é o lema que delimita os tópicos deste terceiro CO(M)XÉNERO. Así pois, o seminario busca revelar as desigualdades e os estereotipos de xénero dun sector que, polo seu crecemento e polas propias posibilidades que ofrece como medio, adquire a día de hoxe unha relevancia especial como espazo creador de discursos e de universos posibles.

As xornadas contarán coa participación docentes, creadoras, deseñadoras e xogadoras que analizarán, dende a súa experiencia, os escenarios de violencia e discriminación que sofren as mulleres e como podemos facerlles fronte dende a educación e a comunicación.

O programa inclúe conferencias, sesións de proxeccións e debate, obradoiros para achegármonos, cunha óptica inclusiva, ao desenvolvemento de videoxogos e mais un torneo de exhibición de eSports.

Esta terceira edición do CO(M)XÉNERO está financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade) e da Xunta de Galicia a través da convocatoria 2017 de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas, da que é beneficiario o GEA.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
CO(M)XÉNERO Seminario Permanente de Comunicación e xénero
Data de inicio: 12/11/2018Data de fin: 15/11/2023I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: María Soliña Barreiro
Foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da(s) identidade(s) de xénero.
Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais