Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Comunicación na diáspora e diásporas na comunicación

Anuário Internacional de Comunicaçao Lusófona 2013

Unha efeméride singular ábrelle a porta a esta nova edición do Anuário: o recoñecemento institucional do galego como única lingua propia de Galiza, que foi condición para a Lei de Normalización Lingüística de 1983 e que, nun volume que se artella a redor da diáspora, vén a conto para sermos conscientes das diferenzas, dos contextos históricos, do valor non so de uso como de representación deste axente fulcral na definición do espazo lusófono. De falarmos dende a comunicación, a lingua son os obxectos e é o pensamento que se expresa en determinada lingua, —para o caso, nas variantes do portugués e do galego—, e como advertía no Coloquio internacional sobre a lingua portuguesa na diáspora, celebrado en 2012 na cidade de Praia, a profesora da Universidade Federal da Bahía, Edelinde Mendes, a lingua é herdanza [e é construción] cultural e identitaria e temos, xa que logo, a capacidade e o deber de axir a través dela

Autor/a: Margarita Ledo Andión , Xosé López García; María Salgueiro Santiso Ano: 2013Titulo: Comunicación na diáspora e diásporas na comunicación Categoría: Libro Título revista/libro: Comunicación na diáspora e diásporas na comunicación. Anuário Internacional de Comunicaçao Lusófona 2013. Margarita Ledo Andión, Xosé López García; María Salgueiro Santiso (eds.)Cidade: Santiago de CompostelaPaís: Galicia (España)Editorial: LUSOCOM/AGACOMISSN: 2255-2243
© 2023 Estudos Audiovisuais